Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (150/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 150/2003, seguidos por instancia de Carmen González Pérez contra as empresas Lucaltex, S.L. e Calcetería Gallega, S.L. e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Lugo, 18 de marzo de 2003.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 150/2003, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandante, Carmen González Pérez,

acompañada da graduado social Victoria Eugenia López Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceron as empresas demandadas Lucaltex, S.L. e Calcetería Gallega, S.L., malia estaren citadas en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Carmen González Pérez, sobre despedimento, contra a empresa Lucaltex, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia deste e, na súa consecuencia, debo condenar e condeno a dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión da traballadora demandante ou o aboamento dunha indemnización de cinco mil catrocentos catorce euros con sesenta e un céntimos de euro (5.414,61 euros), entendéndose que, de o empresario non optar pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira e, ademais, nun e noutro caso, o pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (22-1-2003) ata a da notificación da sentencia, a razón de 22,66 euros diarios de soldo, e que ata a data desta resolución ascenden á suma de mil douscentos sesenta e oito euros con noventa e seis céntimos de euro (1.268,96 euros).

Absólvese a empresa Calcetería Gallega, S.L., por non lle alcanzar ningunha responsabilidade nesta litis.

Absólvese, así mesmo, o Fogasa sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228, do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61 nº de autos 150/2003, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá

facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 150/2003 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a

denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma ás empresas Lucaltex, S.L. e Calcetería Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o dezaoito de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado