Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.212

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (140/2003).

Eu, Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous de Oviedo e a súa provincia, fago saber:

Que por resolución dictada no día da data no proceso seguido nestes autos número demanda 140/2003, por instancia de Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias, contra O.Y.C. Compostela, S.L. sobre cantidade, se acordou citar a O.Y.C. Compostela S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de abril de 2003, ás 10 horas, ós actos de conciliación e, de se-lo caso, de xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dous, sito na rúa Santa Teresa, 15. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación a O.Y.C. Compostela, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

En Oviedo, o vinteseis de marzo de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado