Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (355/2001).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

«Sentencia nº 82.

En nome de El-Rei.

Na cidade de Lugo o de febreiro de dous mil tres.

Ana Belén Sánchez González, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo e tendo vistos os precedentes autos de xuízo verbal número 355/2001 seguidos neste xulgado por instancia de José Antonio Lorenzo Iravedra, representado polo procurador señor Martín Castañeda e asistido polo letrado señor Trigo Quiroga contra Ángel Díaz Hortas, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que, desestimando a demanda presentada polo procurador señor Martín Castañeda, en nome e representación de José Antonio Lorenzo Iravedra contra Ángel Díaz Hortas, debo absolver e absolvo o demandado das pretensións contra el exercidas, con expresa imposición das custas do xuízo.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo preparándoo ante este xulgado no prazo de cinco días conforme o disposto nos artigos 456 e ss. da LAC».

E, para que lle sirva de notificación a Ángel Díaz Hortas expídese este edicto en Lugo o catorce de febreiro de dous mil tres.

O/a secretario/a

Rubricado