Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DE VIGO

EDICTO (1097/2002).

En Vigo, 12 de marzo de 2003.

Jaime Tamara Silvan, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Vigo e o seu partido, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de desafiuzamento 1097/2002 nos que se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e dictame:

«En Vigo o vinteún de febreiro de dous mil tres.

Javier Sánchez Beltrán, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número tres de Vigo, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 1097/2002 por instancia de Carlos Simón Rodríguez Prado, Diz Rodríguez, Rosa, contra a entidade Disyfer, S.L. sobre resolución de contrato de arrendamento.

Antecedentes de feito.

Fundamentos de dereito.

Resolvo que, estimando a demanda presentada polo procurador señor González Puelles, en nome e representación de Carlos Simón Rodríguez Prado e Ana Diz Rodríguez, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento con data do 1 de marzo de 2002, condenando a demandada Disyfer, S.L. a estar e pasar por esta declaración e a deixar libre e á disposición do demandante a vivenda que se describe na demanda e dentro do prazo legal, apercibíndoo de que se non a desaloxa, será lanzado dela e pola súa costa, todo iso, con expresa condena de custas ó demandado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, libro este edicto en Vigo, 12 de marzo de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE LUGO