Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.210

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se citan os aspirantes para a realización do acto da lectura da memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas da categoría de enxeñeiro superior do Servicio Galego de Saúde.

O punto 7 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que, por acordo do tribunal central, que será publicado no Diario Oficial de Galicia, citaranse os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria que, en todo caso, deberá ser pública, iniciándose por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra S, polo que, facultada expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes da categoría de enxeñeiro superior que realizaron o día 15 de decembro de 2002 a memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), para a realización do acto de lectura desta o vindeiro día 29 de abril de 2003, ás 9,30 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, de Máximo Sotelo García a Rosa María Rosada Olivares.

Segundo.-O chamamento para a lectura pública deste exercicio é único e será excluído do proceso selectivo quen non compareza. Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos