Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.210

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de abril de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 20 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración da Xunta

de Galicia (grupo A), escala superior

de finanzas

Titular:

Presidente: Gonzalo Luis Vázquez Rivas, delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo.

Vocais:

Alfonso García Magariños, asesor xurídico da Consellería de Medio Ambiente.

Antonio Grandío Dopico, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Luis Calviño Pueyo, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Ana María Morato Miguel, interventora delegada da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Suplente:

Presidente: Joaquín Caballero Miranda, director xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda.

Vocais:

Natalia Solar Jimeno, letrada da Asesoría Xurídica Xeral.

Marta Fernández Currás, delegada do Centro Rexional do Instituto de Estudios Fiscais na Coruña, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

José Luis Dadín Rivadas, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Ana Fonte Bouza, subdirectora xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas da Consellería de Economía e Facenda.