Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio, con número de código 3601155, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 5-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 45.c) do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra que tivo lugar o 5 de marzo de 2003.

Asistentes.

Asime:

Javier Martínez López

Enrique M. Mallón Otero

Astra:

José Manuel Rodríguez Simón

Feca:

Representada por Asime

Foncalor:

Manuel Pérez Pérez

Instalectra:

Leonardo Pérez Alonso

CC.OO.:

Guillermo Gómez Rodríguez

Emilio Docampo Estévez

CIG:

Manuel Simón Graña

UGT:

José Antonio Álvarez González

Reunidos na sede social de Asime, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, Vigo, e sendo as dezasete horas do día 5 de marzo de 2003, ten lugar a reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para as empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, na que actúa como secretario José Manuel Rodríguez Simón e á que asisten as persoas relacionadas no encabezamento.

En primeiro lugar e coñecido o IPC real do ano 2002 e o laudo arbitral dictado para a interpretación que se ten que dar ó artigo 45.c) do convenio colectivo de referencia, acórdase asina-la revisión salarial do 2%.

O devengo dos atrasos prodúcese desde o 1 de abril de 2002 e o prazo para o aboamento deles terá como data límite o 30 de abril de 2003.

Nas táboas seguintes detállase o importe e diferencia que terá que aboar cada grupo profesional e nivel salarial.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito horas do propio día fixado no encabezamento.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA