Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., con nº de código 3601742, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-3-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 20-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 6 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

ACTA

Da reunión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003 entre a dirección e o comité de empresa da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A. para a aplicación de la cláusula de revisión salarial correspondente ó IPC do ano 2002, segundo o artigo 6 do convenio.

Asistentes:

Comité de empresa:

Antonio Costas Iglesias.

José Antonio Araújo Collazo.

Jesús Alonso González.

Dirección:

Francisco Carballo Meira.

No Porriño, nos locais da empresa Recsa, sendo as 18 horas do día 20 reúnense a dirección e o comité de empresa co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial, que segundo se desprende da lectura do artigo 6 do convenio colectivo di:

«No suposto de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 2002 supere o 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe que afectará os conceptos previstos no parágrafo anterior. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real de 2002 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Cando proceda a aplicación desta cláusula os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez».

A expresión «conceptos previstos no parágrafo anterior» comprende o salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

Unha vez confeccionada a dita táboa dáselle lectura e asínana as partes en proba de conformidade, acordándose a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no BOP.

Autorízase a José Carlos Rodríguez del Río para levar a cabo as xestións necesarias.

E sen máis asuntos que tratar, dáse por concluída a reunión ás 19 horas.

O comité de empresaA dirección

Táboa salarial ano 2002 Recsa

Categoría profesionalSalarios

Base 2001MensualDiario

* Técnicos medios
Titulados grao medio1.240,851.296,69
Mestres industriais1.129,651.180,48

* Administrativos
Xefe 1ª1.240,851.296,69
Xefe de 2ª1.078,471.127,00
Oficial 1ª919,00960,36
Oficial 2ª834,12871,66
Auxiliar673,70704,02
* Persoal técnico non titulado
Delineante superior1.078,471.127,00
Delineante 1ª919,00960,36
Delineante 2ª834,12871,66
Calcador673,70704,02

* Persoal técnico de organización
Técnico organización 1ª919,00960,36
Técnico organización 2ª834,12871,66
Auxiliar de organización673,70704,02

Categoría profesionalSalarios

Base 2001MensualDiario

* Persoal técnico de fabricación
Encargado xeral1.214,701.269,36
Encargado de sección1.078,471.127,00
Contramestre952,79995,67
Inspector de control848,03886,19
Ordenanza745,82779,38
Porteiro745,82779,38
Almaceneiro745,82779,38
Garda xurado745,82779,38

Xefe de equipo30,1031,45
Oficial 1ª29,0630,37
Oficial 2ª27,9729,23
Oficial 3ª26,8928,10
Especialista25,5626,71
Peón/operario limpeza18,2819,10