Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento, con nº de código 3600345, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 11-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco), e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC.OO., en data 28-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 8 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector de comercio de materiais para a construcción e saneamento de Pontevedra

ACTA

Asistentes:

-Por UGT:

Roberto Puga Hermida.

-Por CC.OO.:

Jorge Carneiro Penedo.

-Por Asemaco (Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción).

Gonzalo Vila García.

Andrés Sande Rodríguez.

En vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as 17 horas do día 28 de xaneiro de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de comercio de materiais para a construcción e saneamento da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder á revisión da táboa salarial, en aplicación do disposto no artigo 8 do texto do convenio.

Constatado o feito de que segundo o INE o IPC do ano 2002 resultou un 4%, sendo, por tanto superior ó 2,5% previsto no artigo 8 do convenio, procédese a revisa-la táboa do ano 2002 no dito exceso (o 1,5%) con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Unha vez confeccionada a dita táboa, dáse lectura dela, asinándoa as partes en proba de conformidade, acordando a súa remisión á autoridade laboral para os efectos da súa posterior publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas do día arriba indicado, de todo o cal as partes dan fe.

Táboa de salarios do sector de comercio de

materiais para a construcción e saneamento

de Pontevedra 2003

Grupo I: enxeñeiros, licenciados e enderezo:
Director xeral de empresa1,024,87
Titulado de grao superior921,37

Grupo II: enxeñeiros técnicos peritos e axudantes titulados:
Xerente de empresa869,22
Titulado de grao medio766,09
Delineante-debuxante600,51

Grupo III: xefes de administración e de taller:
Xefe de división890,22
Xefe de persoal, compras e vendas869,61
Xefe de administración817,85
Encargado766,10
Xefe de almacén714,35

Grupo V: oficiais administrativos:
Contable703,99
Oficial administrativo683,26
Axente comercial-viaxante662,55
Dependente641,87
Operador informático683,26
Vendedor683,26
Secretario/a640,99

Grupo VII: auxiliares administrativos:
Auxiliar administrativo641,87
Auxiliar de caixa590,07
Telefonista590,07

Grupo VIII: oficiais de 1ª e de 2ª
Profesional de oficio de 1ª641,87
Profesional de oficio de 2ª600,52
Chofer transporte pesado 1ª641,87
Chofer transporte lixeiro 2ª600,52

Grupo IX: oficiais de 3ª e especialistas:
Escaparatista724,40
Mozo especializado600,52
Profesional de oficio de 3ª600,52
Cobrador590,07

Grupo X: traballadores de máis de 18 anos non cualificados:
Axudante600,52
Persoal de limpeza534,86