Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, con nº de código 3600505, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 11-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Derivados do Cemento, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 3-2-2003. De conformidade co disposto na disposición derradeira 1ª do II convenio colectivo xeral para derivados do cemento e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación

provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de derivados

do cemento da provincia de Pontevedra

ACTA

Asistentes:

CC.OO.:

Arsenio Rodríguez Alonso.

Marcos González Oliveira.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

José M. Moreira Espiñeira.

Sergio Silva Maceira.

Jesús Giráldez García.

Manuel Veiga Maceira.

Lourdes Diz Lorenzo.

Representación empresarial:

Arturo Santos Porto.

Manuel Vázquez Martínez.

Javier Atienza López.

Luciano Covelo Soto.

Laureano Pérez Expósito.

Asesor:

Manuel Vigo Giraldo.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as 17.30 horas do día 3 de febreiro de 2003, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector de derivados do cemento da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

En aplicación dos acordos acadados na acta de revisión das táboas salariais para o ano 2002, na reunión da comisión paritaria de interpretación do II convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, procedeuse á realización dos cálculos das táboas de revisión (por vía de aplicación dun incremento do 2%), vixentes durante o ano 2002 como consecuencia da desviación producida no IPC do dito ano. Lévase a cabo, así mesmo, o cálculo e fixación dos datos definitivos para a táboa salarial do ano 2002, táboa que servirá de base para os cálculos de actualización das táboas salariais do ano 2003.

Unha vez confeccionadas as ditas táboas, dáse lectura delas asinándoas as partes, en proba de conformidade, acordándose a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Manuel Vigo Giraldo para levar a cabo as xestións necesarias.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 19 horas do día arriba indicado.