Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da revisión salarial e de corrección de erros do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente do acordo de revisión salarial e de corrección de erros do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpieza de A Coruña, e ASPEL, da parte social, por UGT, CIG e CC.OO. o día 24-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Na Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios, sendo as 12 horas do día 24 de xaneiro de 2003, reúnense en representación da parte empresarial, Jesús Gómez Vázquez, Arsenio Mezquiriz Andrade e Ramón Salgado Fuentes, da Asociación Provincial de Empresas de Limpeza, e Ubaldo Pérez Rodríguez e J. Félix Valderrey de la Huerga, de ASPEL, e en representación da parte social, Luis Soto Sabio (CIG), Alfredo Santomil García (CIG), Mª Carmen Brea Iglesias (UGT), Gabriel Acitores López (UGT) e Carmen Novoa Villar (CC.OO.), todos/todas eles/elas como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas de limpeza de edificios e locais, regulada no artigo 6º do citado convenio.

O obxectivo desta xunta é o de proceder á revisión salarial para o ano 2003 e proceder a unha corrección de erros detectados na publicación do convenio.

Inicialmente procédese a realiza-la revisión salarial que establece o artigo 28º polo exceso do IPC de 2002. As táboas salariais resultantes servirán de base para a confección das táboas salariais para o 2003.

A continuación aplícase a subida salarial para o ano 2003 de acordo co establecido nos artigos 17, 19 e 20. A táboa salarial resultante é a que figura como anexo I desta acta.

O complemento de antigüidade consolidada daqueles traballadores/as que o tiveran recoñecido, de acordo co establecido no artigo 18º, será revisado no 2,5 % para o ano 2003.

O importe mínimo das axudas de custo establecidas no artigo 26º, para o ano 2003, quedarán do seguinte xeito:

-Cando se teña que comer e pernoitar fóra da casa: 37,42 A.

-Cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio: 22,45 A.

-Cando se realice unha soa comida: 12,56 A.

O salario mínimo de convenio, para o ano 2003, será de 11.407,21 A.

No que se refire á corrección de erros, detectouse que o texto publicado non coincide nalgúns artigos co asinado no seu día.

No artigo 12º, falta o texto: «O inicio do período de vacacións sempre será nun día laborable». O texto íntegro do artigo debería ser:

Artigo 12º.-Vacacións.

Serán de trinta días naturais para tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, retribuídas de acordo co salario base, antigüidade, complemento de asistencia e complemento de transporte, así como o 50% do complemento de nocturnidade que se viñese percibindo.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, agás no caso de liquidación de contrato ou despedimento. As vacacións desfrutaranse por cada ano natural de servicio. No caso de que un traballador ou traballadora se empregue no transcurso do ano ou deixe a empresa no transcurso deste, desfrutará do tempo de vacacións segundo vínculo coa empresa.

O desfrute das vacacións anuais será rotatorio, non estando ningún traballador/a obrigado a desfruta-las vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendendo como meses de inverno, tódolos do ano agás os de xuño a setembro, ambos inclusive.

O inicio do período de vacacións sempre será nun día laborable.

No que respecta a aqueles traballadores/as que presten servicios para máis de unha empresa, estas deberán poñerse de acordo á hora de sinala-lo período de vacacións destes traballadores/as. No caso de falta de acordo establecerase como período de vacacións aquel que se sinale na empresa para a que preste servicios con maior xornada.

No artigo 28º, figura un erro no parágrafo relativo á revisión salarial do ano 2004. Onde di: «Sempre que o IPC real do ano 2004, mailo 50 por cento,...», debería dicir: «Sempre que o IPC real do ano 2004, mailo 0,50 por cento, ...», e onde di: «... e o IPC real resultante mailo 50 por cento. ...», debería dicir: «... e o IPC real resultante mailo 0,50 por cento. ...» polo que o texto íntegro debería ser:

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Sempre que o IPC real do ano 2002, máis o 0,25%, fose superior á subida inicialmente aplicada neste ano, realizarase unha actualización de táboas salariais, con vixencia desde o 1-1-2003, na diferencia existente entre a subida inicial e o IPC real resultante máis 0,25%. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2003.

Sempre que o IPC real do ano 2003, máis o 0,25%, fose superior á subida inicialmente aplicada neste ano, realizarase unha actualización de táboas salariais, con vixencia desde o 1-1-2004, na diferencia existente entre a subida inicial e o IPC real resultante máis 0,25%. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2004.

Sempre que o IPC real do ano 2004, máis o 0,50%, fose superior á subida inicialmente aplicada neste ano, realizarase unha actualización de táboas salariais, con vixencia dende o 1-1-2005, na diferencia existente entre a subida inicial e o IPC real resultante máis 0,50%. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2005.

Sempre que o IPC real do ano 2005, máis o 1%, fose superior á subida inicialmente aplicada neste ano, realizarase unha actualización de táboas salariais, con vixencia dende o 1-1-2006, na diferencia existente entre a subida inicial e o IPC real resultante máis 1%. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2006.

Dentro do mes de xaneiro de 2006, e unha vez coñecido o IPC real do ano 2005, reunirase a comisión paritaria deste convenio para o efecto de aplica-la revisión salarial que proceda. Unha vez chegado a acordo na negociación do convenio para 2006, recollerase no seu texto a porcentaxe total que se deberá aplicar ese ano, que englobará o incremento pactado para o convenio así como a revisión aplicada no mes de xaneiro.

Facúltase a Luis Soto Sabio para que proceda a realiza-los trámites oportunos diante da delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o rexistro e posterior publicación desta acta.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a reunión sendo as 13.30 horas do día do encabezamento, asinando tódolos presentes en proba de acordo e conformidade.

ANEXO I

Salario base 2003

CategoríasMensualAnual

Administrativos

Xefe/a de primeira1.022,43 A15.336,46 A

Xefe/a de segunda983,56 A14.753,43 A

Caixeiro/a960,10 A14.401,55 A

Oficial de primeira924,90 A13.873,47 A

Oficial de segunda824,20 A12.363,01 A

Auxiliar753,79 A11.306,86 A

Telefonista732,19 A10.982,78 A

Cobrador/a732,19 A10.982,78 A

Mandos intermedios

Encargado/a xeral950,40 A14.256 A

Encargado/a de zona882,61 A13.239,15 A

Encargado/a de sector846,17 A12.692,59 A

Subalternos/as

Ordenanza683,44 A10.251,54 A

Almaceneiro/a670,61 A10.059,19 A

Mozo/a de recados539,22 A8.088,27 A

Persoal de limpeza

Encargado/a727,80 A10.917,01 A

CategoríasMensualAnual

Responsable de equipo692,37 A10.385,60 A

Especialista787,33 A11.809,96 A

Conductor/a-limpador/a824,96 A12.374,34 A

Peón especialista699,03 A10.485,51 A

Peón681,57 A10.223,56 A

Limpador/a681,57 A10.223,56 A

Complemento de asistencia51,80 A621,65 A

Complemento de transporte46,83 A562 A

Os conceptos económicos que figuran nesta táboa supoñen unha suba económica do 6,1% sobre os vixentes no ano 2002.