Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (200/2002).

Eu, Carmen García Pedreira, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia (A Coruña), fago saber que neste xulgado se segue o procedemento ordinario número 200/2002 entre as partes que se dirá, no cal recaeu sentencia e auto aclaratorio dela, cos encabezamentos e partes dispositivas que din:

Sentencia.

En Noia o 3 de marzo de 2003.

Mª Elvira Gutiérrrez Fernández, xuíza de primeira instancia número dous de Noia e o seu partido, vistos estes autos de xuízo ordinario sobre declarativa de dominio e outros extremos, seguidos ante este xulgado co número 200/2002, entre María Teresa Siso Creo, representada polo procurador sr. Lamas González e asistida do letrado sr. Neira Domínguez, contra Ramón Güeto Siso e Dora Güeto Siso, representados polo procurador sr. Salmonte Rosendo e asistidos do letrado sr. Pérez Morales, e contra herdeiros descoñecidos e incertos de Peregrino Güeto Lago e Digna Siso Moledo (rebeldes).

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador sr. Lamas González en nome e representación de María Teresa Siso Creo, actuando en beneficio da comunidade de herdeiros de José Ventura Siso Moledo, debo declarar e declaro que o predio Portelas, a labradío de dez concas ou tres áreas e cincuenta centiáreas, sita no lugar de Ousoño (que linda norte, sur e leste con herdeiros de Digna Siso Moledo e oeste con camiño), é propiedade exclusiva da comunidade de herdeiros de José Ventura Siso Moledo, estando o dito predio libre de toda carga ou gravame a favor dos demandados que non teñen dereito dominical nin ningún outro sobre ela, condenando os demandados a reintegrarlla á comunidade de herdeiros de José Ventura Siso Moledo no seu ser e estado primitivo, retirando, ó seu custo e cargo, do predio o muro que polo oeste construíron os accionados, deixando paso libre desde

a estrada de Ousoño ó citado predio, practicándose o deslindamento en fase de execución de sentencia de conformidade co establecido no informe emitido polo perito Carlos Antonio Couso Folgueira, que consta en autos nos folios 38 ó 48, declarándose a nulidade e cancelación das inscricións rexistrais contradictorias co dito dominio, sendo as custas devengadas no procedemento de cargo dos demandados.

Notifíquese esta resolución, da que se unirá certificación ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias, con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación que se preparará, se é o caso, ante este xulgado e para a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Auto aclaratorio.

En Noia o 10 de marzo de 2003.

Parte dispositiva.

Declárase a sentencia recaída neste procedemento con data do 3 de marzo de 2003, dictada por este xulgado, nestes autos de xuízo ordinario 200/2002, suscitados polo procurador Salvador-Rafael Lamas González, en nome e representación de María Teresa Siso Creo, fronte a Dora Güeto Siso, Ramón Güeto Siso, herdeiros descoñecidos e incertos de Peregrino Güeto Lojo e Digna Siso Moledo, no sentido de facer constar como demandada a Dora Güeto Siso (e non Sison ) e demandados os herdeiros descoñecidos e incertos de Peregrino Güeto Lojo (e non Lago) e Digna Siso Moledo, ademais de:

Déixense sen efecto os edictos librados e expídanse outros novos coa sentencia e esta resolución para notificación ós demandados rebeldes, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan contra a sentencia recaída. Os prazos comezarán a computarse desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Así, por este auto, acórdao, mándao e asínao María Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia (A Coruña).

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para fixar no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, herdeiros descoñecidos e incertos de Peregrino Güeto Lojo e Digna Siso Moledo, expídese este edicto en Noia o 10 de marzo de 2003.

A secretaria

Rubricado