Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.
Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 22 do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), resolve anuncia-la convocatoria pública, mediante libre designación, do antedito posto con suxeición ás seguintes
Bases da convocatoria
1. Requisitos dos candidatos: poderá concursa-lo persoal laboral fixo que reúna os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.
2. Solicitudes.
2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os aspirantes deberán xuntarlle á solicitude un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.
2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, (situado no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n), no Rexistro do Campus de Lugo, (situado no Edificio Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros, avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n. Polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2.3. A designación realizarase entre os traballadores que acrediten reuni-las aptitudes necesarias para o desempeño do posto, de acordo co establecido no artigo 22 do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela. Para estes efectos a solicitude presentarase acompañada dunha memoria sobre a misión do posto, responsabilidades do titular e posibles melloras.
2.4. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou a petición do interesado.
Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí
dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.
Senén Barro Ameneiro
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Denominación do posto: responsable da rede de voz.
Grupo: I1.
Categoría laboral: técnico superior de telecomunicacións.
Complemento: 12.
Xornada: dispoñibilidade horaria.
Localidade: Santiago de Compostela.
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS
DE NOIA