Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala técnica de xestión, especialidade xurídica, desta universidade, polo sistema de acceso libre.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para ingreso na escala técnica de xestión, especialidade xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 1 praza da escala técnica de xestión, especialidade xurídica, da Universidade de Santiago de Compostela polo sistema xeral de acceso libre.

1.2. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.3. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.4. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II desta convocatoria.

1.5. A praza convocada terá o seu destino na localidade de Santiago de Compostela.

1.6. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997, do 28 de novembro, da Xunta de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro) sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a data da toma de posesión como funcionario:

a) Seren español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacionais daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos que en esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade.

c) Estar en posesión do título de licenciado en dereito. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuí-la credencial que acredita a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir

do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.2. A instancia irá acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI.

b) Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da Administración onde se prestaron. Se os servicios foron ou son prestados na Universidade de Santiago de Compostela, deberá indicarse no punto correspondente da solicitude, e deste xeito a certificación expedirase de oficio e engadirase á solicitude do aspirante.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas o estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realiza-la proba á que se refire o punto 6.5 desta convocatoria.

3.3. A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da Universidade (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela); no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros, (avda. Bernardino Pardo Ouro s/n, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo); ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 24,04 euros, que se ingresarán en Caixa Galicia na conta «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura no anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Procederase á devolución dos dereitos de exame nos seguintes casos: cando non se realicen as probas selectivas ou cando os aspirantes sexan excluídos definitivamente delas, e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer

consta-los datos bancarios no epígrafe correspondente da solicitude. De non figurar estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.5. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución no prazo dun mes, pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos e excluídos. Na dita resolución, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, indicarase o lugar no que se atopa exposta ó público a lista completa de aspirantes admitidos e excluídos e determinarase o lugar, a data e a hora de comezo do primeiro exercicio, así como a relación de aspirantes excluídos con mención expresa dos apelidos, nome, número de documento nacional de identidade e causa da exclusión.

Para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión da relación de admitidos e excluídos, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución no Boletín Oficial del Estado. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou omisión, xustificando o dereito a ser incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

4.2. A resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no rectorado, Casa da Balconada, no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web: http://www.ti.usc.es/webpas, esgotará a vía administrativa, podendo interpoñer contra ela recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, o recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio (BOE do 30 de maio de 2002).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da Universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas

nos artigos 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incurso nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran algunhas das circunstancias antes reflectidas.

5.3. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituí-los que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.2.

5.4. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan de acordo co correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.5. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.6. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.7. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seralles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.

5.8. O tribunal adoptará os medios precisos naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios co resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten, na forma prevista na base 3.5, as adaptacións posibles en tempo e medios para a realización dos exercicios.

5.9. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.10. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «C», de conformidade co establecido na Resolución do 10 de marzo de 2003 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Para a realización de cada exercicio deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se efectuase o primeiro, así como na sede do tribunal, e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen os diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, é necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma básico ou superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas, ou certificación académica que acredite teren superadas tódalas probas dirixidas á obtención dos mencionados diplomas. De non achegaren esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita

no parágrafo anterior.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos por esta convocatoria, logo de audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da universidade, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas para os efectos procedentes.

Contra a exclusión do aspirante, poderá interpoñerse recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a notificación da súa exclusión.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición o tribunal cualificador fará públicos, no lugar ou lugares de realización dos respectivos exercicios e naqueloutros que coide oportunos, as relacións de aspirantes que teñan superado cada un deles, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I desta convocatoria.

7.4. O tribunal fará pública a lista de aspirantes que, segundo a orde da puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, a cal en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas.

7.5. Finalizado o proceso selectivo, o tribunal elevaralle ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados por orde de puntuación, na que constarán as cualificacións obtidas en cada unha das fases: oposición e concurso.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixese pública a relación definitiva de aprobados no rectorado da universidade, os aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non teren sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non achárense inhabilitados para o exercicio das funcións públicas, nin realizaren actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padeceren enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.

e) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33 % deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen tivese a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demáis requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou do ministerio ou organismo do que dependese, para acreditar tal condición.

8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Nomeamento de funcionarios/as de carreira.

9.1. Concluído o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira, mediante resolución do rector da universidade que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

9.2. A toma de posesión destes aspirantes efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

10. Norma derraderia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominacion da praza: técnico de xestión, especialidade xurídica

Exercicios e valoración

O sistema de selección será o de concurso-oposición, constará das seguintes fases:

1. Fase de oposición: constará dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: terá carácter eliminatorio e consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema relacionado co contido do programa que figura como anexo II a esta convocatoria.

O tempo mínimo para a realización deste exercicio será de 2 horas. O exercicio será lido polos aspirantes perante o tribunal, quen poderá formular preguntas.

A puntuación será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Segundo exercicio: terá carácter eliminatorio. Consistirá en resolver un ou varios casos prácticos relacionados co contido do programa: redacción dunha demanda ou a súa contestación ou calquera outro escrito de natureza xurídica ou xudicial.

O tempo mínimo para a realización deste exercicio será de 3 horas.

A puntuación será de 0 a 45 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 23 puntos

Terceiro exercicio: proba de coñecementos da lingua galega: non eliminatoria e de mérito. Consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, e doutro texto do galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e valorarase de 0 a 10 puntos.

2. Fase de concurso: para os aspirantes que superen a fase de oposición a valoración de méritos farase do seguinte xeito:

2.1. Antigüidade: máximo 15 puntos.

Valorarase a antigüidade recoñecida referida á data de remate do prazo de presentación de solicitudes do seguinte xeito:

-Por cada mes de servicios prestados en universidades públicas, realizando funcións en postos, corpos ou escalas de carácter xurídico, que requiran a licenciatura de dereito, 0,104 puntos.

-Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas, realizando funcións en postos, corpos ou escalas de carácter xurídico, que requiran a licenciatura de dereito, 0, 052 puntos.

3. Puntuación do proceso selectivo: a puntuación da fase de oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios. A puntuación do proceso selectivo virá determinada pola suma da fase de oposición mailos méritos da fase de concurso, sempre que os aspirantes superaran a oposición.

No caso de empate terá preferencia quen obtivera maior puntuación na fase de oposición e, de persitir este, dirimirá a maior puntuación obtida no segundo exercicio.

ANEXO II

Denominacion da praza: técnico de xestión, especialidade xurídica

Programa

I. Dereito civil.

1. O dereito de propiedade. Protección e función social. Modos de adquiri-lo dominio. Teoría do título e o modo. A tradición. Función da inscrición nas transmisións.

2. Interpretación dos contratos. O contrato preparatorio e a opción.

3. O contrato de compravenda I: a transmisión do dominio e o pacto de reserva do dominio. A venda da cousa allea. Perfección do contrato.

4. O contrato da compravenda II: obrigas do vendedor. Teoría dos riscos. Pagamento do prezo e dos xuros.

5. O contrato de arrendamento. Arrendamentos urbanos. Arrendamentos de vivendas. A renda e a súa actualización. Suspensión, resolución e extinción.

6. Contrato de préstamo. O comodato. O precario. O mutuo. O contrato de fianza. O contrato de depósito.

7. Obrigas nadas da culpa extracontractual. A responsabilidade obxectiva.

8. A sucesión mortis causa. O dereito hereditario. Testamento; clases, interpretación, ineficacia, revogación, nulidade.

II. Dereito penal.

1. As causas de exención da responsabilidade criminal.

2. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Circunstancias atenuantes. Análises das eximentes incompletas.

3. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal: circunstancias agravantes. Circunstancia mixta de parentesco. O problema da comunicabilidade das circunstancias.

4. A pena. Clases de penas. As penas privativas de liberdade. Execución e substitución das penas privativas de liberdade. A liberdade condicional.

5. Delictos contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. O furto. O roubo.

6. As defraudacións. As estafas. Apropiación indebida.

7. Delictos contra a Facenda Pública e contra a Seguridade Social. Delictos contra os dereitos dos traballadores. Delictos contra os dereitos dos cidadans estranxeiros.

8. As falsidades: falsidades documentales. Usurpación de funcións públicas. Intrusismo.

9. Delictos contra a Administración pública: prevaricación. Suborno. Tráfico de influencias. Malversación. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas ós funcionarios públicos e dos abusos no exercicio da súa función.

10. Delictos contra a Administración de Xustiza: prevaricación. Omisión dos deberes de impedir delictos ou promove-la súa persecución. Encubrimento. Realización arbitraria do propio dereito. Acusación e denuncias falsas. Simulación de delicto. Falso testemuño. Obstrucción á xustiza e deslealdade profesional.

11. Delictos contra a orde pública: atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, e da resistencia e desobediencia. Desordes públicas.

III. Dereito procesual.

1. A demanda. O sistema da LAC. Caracteres xerais. Incomparecencia das partes. Función de evitación do proceso. Acordo previo. Conciliación.

2. A proba. Proposición e admisión. Fontes e medios de proba. Medios de proba: documentos. Interrogatorio das partes. Testemuñas. Peritos. Recoñecemento xudicial. Outros medios probatorios.

3. A sentencia. A congruencia da sentencia coas pretensións das partes. Efectos da sentencia.

4. A aplicación do xuízo ordinario. Caracteres procedementais do xuízo ordinario. A aplicación do xuízo verbal. Tramitación do xuízo verbal.

5. Os recursos. Os recursos e as súas clases. Efectos dos recursos. Recurso de reposición. O recurso de queixa. O recurso de apelación. Os recursos extraordinarios.

6. O recurso de casación. Características xerais. Competencia. Resolucións recorribles. Motivos do recurso. Obxecto e efectos do recurso. Procedemento. O recurso en xuro da lei. Características xerais. Competencia e resolucións recorribles. A nulidade de actuacións. Regulación na Lei orgánica do poder xudicial e na Lei de axuizamento civil.

7. Protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa: garantía procesual civil. Protección xurisdiccional civil dos dereitos ó honor, e á intimidade e á propia imaxe. Procedemento civil para a rectificación.

8. O proceso monitorio. Concepto. Natureza. Antecedentes. Obxecto e características. Competencia e procedemento adecuado.

9. O xuízo cambiario. Natureza, regulación, ámbito e tramitación. Sentencia.

10. Proceso de execución. Resolucións susceptibles de execución forzosa. Oposición á execución. Suspensión da execución. A execución provisional.

11. Os procedementos concursais: concepto e clases. A quita e espera. A suspensión de pagamentos. A quebra e o concurso de acredores.

12. O proceso penal ordinario. Fases. A investigación polo Ministerio Fiscal. Dilixencias de investigación.

13. A conclusión do sumario. O sobresemento e as súas clases. A fase intermedia e o xuízo oral. Os recursos no proceso penal.

14. O procedemento abreviado. Ámbito, obxecto, competencia e tramitación.

15. O xuízo de faltas, en ambas instancias. Principios polos que se rexe segundo a doutrina do Tribunal Constitucional.

16. O proceso administrativo. A orde xurisdiccional contenciosa-administrativa en España. A Lei do 13 de xullo de 1998: principios que a informan; estructura e contido.

17. Extensión e límites da orde xurisdiccional contenciosa-administrativa. Concepto de Administración pública para efectos do recurso.

18. Os órganos da orde xurisdiccional contenciosa-administrativa. Regras determinantes da súa respectiva competencia.

19. As partes: capacidade, lexitimación; representación e defensa das partes. Obxecto do recurso contencioso-administrativo: actividade administrativa impugnable: pretensións das partes: acumulación. Contía do recurso.

20. Procedemento contencioso-administrativo I. Prazos. Medidas cautelares. Procedemento en primeira ou única instancia: dilixencias preliminares; a declaración de lesividade. Interposición do recurso. Anuncio do recurso e reclamación do expediente.

21. Procedemento contencioso-administrativo II. Localización e comparecencia de demandados. Demanda e contestación: requisitos, contido e efectos. Achega de documentos. Trámite para completa-lo expediente administrativo. Alegacións previas. Proba.

22. Procedemento contencioso-administrativo III. Vista e conclusións: a presentación de cuestións novas. A sentencia: contido. Outros modos de remate do procedemento. Custas procesuais.

23. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa.

24. Recursos contra providencias e autos. Recurso de apelación. Resolucións contra as que procede e motivos do recurso. Procedemento. Contido e efectos da sentencia.

25. Recurso de casación. Resolucións contra as que procede e motivos do recurso. Procedemento. Contido e efectos da sentencia.

26. Recursos de casación para a unificación da doutrina. Recursos de casación en interese da lei.

27. Recurso de revisión. Execución de sentencias: suspensión e execución destas, extensión dos seus efectos. Incidentes e invalidez de actos procesuais.

28. Proceso ordinario do traballo. Laboral. A súa tramitación.

29. Procesos especiais. Exame particular dos seguintes: despedimentos e sancións; salarios de tramitación; procedemento de oficio; conflictos colectivos.

30. Recursos. Recurso de suplicación. Recurso de casación. Recursos especiais.

31. Execución de sentencias.

IV. Dereito administrativo.

1. Fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei: as súas clases. O regulamento: concepto e natureza.

2. As potestades administrativas: o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e o seus límites. Control

da discrecionalidade: en especial a desviación do poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.

3. Os actos xurídicos da Administración: públicos e privados. O acto administrativo: concepto e elementos. A forma dos actos administrativos. A motivación, a notificación e a publicación. O silencio administrativo: o seu réxime xurídico.

4. A executividade dos actos administrativos. Fundamento e natureza. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: medios no noso dereito.

5. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A convalidación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento.

6. Declaración de nulidade de pleno dereito e anulación dos actos administrativos pola propia Administración, mediante a revisión de oficio: casos nos que procede; trámites. Concepto da revocación: o seu tratamento no Dereito español. A revisión dos actos na vía xurisdiccional a instancia da Administración: declaración previa de lesividade; requisitos e procedimento.

7. Os contratos das administracións públicas: criterios de distinción entre os contratos administrativos e os de dereito privado; os actos separables. Lexislación vixente: Ámbito de aplicación. Disposicións comúns ós contratos das administraciones públicas. Órganos competentes para a súa celebración. Capacidade e solvencia dos contratistas. Prohibicións.

8. Ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os principios xerais do procedemento administrativo. Abstención e recusación.

9. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns; en particular, o acceso ós rexistros e arquivos. Termos e prazos. Os informes no procedemento administrativo.

10. Iniciación, ordenación e instrucción do procedemento: a proba. Participación dos interesados. Terminación: a resolución. Terminación convencional. Outros modos de terminación: desistencia, renuncia e caducidade.

11. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso de revisión. Outros procedementos de impugnación.

12. A responsabilidade patrimonial da Administración. Lexislación española: antecedentes e regulación actual. Procedemento xeral. Procedemento abreviado. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

13. Clases de órganos administrativos: en especial, os colexiados. A competencia: clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración e delegación de competencias. Delegación de sinatura. Encomenda de xestión. A avocación.

14. A función pública. Réxime legal vixente da función pública. Persoal ó servicio da Administración: as súas clases. Funcionarios excluídos do réxime vixente.

V. Dereito mercantil.

1. A sociedade anónima. Réxime xurídico español. A fundación da sociedade anónima. Escritura de constitución e estatutos sociais. Patrimonio e capital.

2. Os órganos da sociedade anónima. As xuntas xerais. Os administradores. O consello de administración.

3. A sociedade de responsabilidade limitada. Fundación. Capital social. Os órganos da sociedade de responsabilidade limitada.

4. Transformación, fusión e absorción das sociedades mercantís. A escisión das sociedades. Disolución e liquidación de sociedades.

VI. Dereito laboral.

1. O contrato de traballo. Relacións laborais especiais. Os contratos de traballo temporais.

2. Convenios colectivos. O poder de dirección do empresario. As prestacións do traballador.

3. Extinción do contrato de traballo. O despedimento disciplinario.

4. Liberdade sindical e representación dos traballadores. Folga e conflictos colectivos de traballo.

VII. Dereito universitario.

1. A universidade. Réxime xurídico. A Lei orgánica 6/2001, de universidades. A autonomía das universidades na xurisprudencia constitucional. A Lei do sistema universitario de Galicia.

2. A estructura das universidades: departamentos, institutos, facultades e escolas. Procedemento de creación e recoñecemento.

3. Órganos de goberno das universidades. Competencias e réxime xurídico. Órganos de coordinación universitaria.

4. Os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Normativa de desenvolvemento.

5. Ensinanzas universitarias: títulos e outras ensinanzas. Homologación de plans de estudios, convalidación e adaptación, títulos propios e terceiro ciclo.

6. Profesorado universitario. Clases e réxime xurídico. Procedementos de selección. A comisión de reclamacións. Particularidades do persoal docente universitario: situacións e sistema retributivo.

7. Persoal ó servicio da universidade: funcionarios e persoal laboral. O convenio colectivo do persoal ó servicio da USC.

8. Réxime económico e financeiro das universidades. O patrimonio da universidade.

9. Contratos de investigación. Empresas de base tecnolóxica. Fundacións. Outras unidades de apoio da investigación.

10. Universidades e hospitais. Réxime de concertos entre as universidades e institucións sanitarias. O concerto USC/Sergas.

ANEXO III

Denominacion da praza: técnico de xestión, especialidade xurídica

Tribunal titular:

Presidente: Joaquín Rodríguez-Toubes Muñíz, secretario xeral da Universidade de Santiago de Compostela

Vocais:

Representantes da Universidade:

-Carlos Gómez Otero, secretario xeral adxunto da Universidade de Santiago de Compostela.

-Pedro Manuel Sánchez Fernández, vicexerente da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes da Xunta de Persoal:

-Dulce María García Mella, xefa do Servicio de Planificación de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela.

-Javier Ferreira Fernández, profesor titular do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado.

Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, posto base do Servicio de Planificación e Programación de Persoal de Administración e Servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidente: José Vázquez Portomeñe, xerente da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da Universidade:

-Antonio López Díaz, profesor titular do Departamento de Dereito Público Especial da Universidade de Santiago de Compostela.

-Javier Gárate Castro, catedrático do Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes da Xunta de Persoal:

-Marta Bermúdez de Santiago, xefa da Sección de Acreditación das Cualificacións da Consellería de Servicios Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

-María Antonia Arias Martínez, profesora titular do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado.

Secretaria: Carmen Martí Fernández, xefa da Sección de Xestión de Persoal e Asuntos Xerais da Universidade de Santiago de Compostela.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación con carácter temporal doutros funcionarios públicos para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.