Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 69, do 8 de abril de 2003, procede face-las seguintes correccións:

Na páxina nº 4.457 (Concello de Carballo), onde di: «Máximo Rodríguez Gutiérrez, secretario do Con-

cello de Ourense»; debe dicir: «Mariano Rodríguez Gutiérrez, secretario do Concello de Ourense».

Na páxina nº 4.459 (Concello de Cambados), onde di: «Manuel Paz Rodríguez, secretario do Concello de Culleredo»; debe dicir: «Manuel Paz Taboada, secretario do Concello de Culleredo».

Na mesma páxina (Concello de Abegondo), onde di: «vocal titular: José María Pérez Alvariño, interventor do Concello de Cambre»; debe dicir: «vocal titular: José A. Rueda de Valenzuela, interventor do Concello de Ribeira».

Na mesma páxina (Concello de Abegondo), onde di: «vocal suplente: José A. Rueda de Valenzuela, interventor do Concello de Ribeira», debe dicir: «vocal suplente: José María Pérez Alvariño, interventor do Concello de Cambre».

Na páxina nº 4.460 (Concello de Forcarei), onde di: «María Trinidad Rodríguez suárez, secretaria do Concello de Ponteceso»; debe dicir: «María Trinidad Rodríguez Suárez, secretaria do Concello de Pontecesures».