Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), mediante orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro), o tribunal, na súa sesión do día 22 de abril de 2003, acordou:

1. Realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición o día 26 de abril de 2003, sábado, ás 9 horas na Aula Nova, da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Sur, s/n, nesta cidade, en chamamento único.

2. Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 8.30 horas, provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a identidade, de conformidade co establecido na base II.2 da convocatoria.

3. Para efectos de aclaración dalgún punto dos incluídos nesta resolución, así como de información en xeral, poderase acudir ó teléfono de atención ó cidadán, 902 12 00 12 así como a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.xunta.es

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL