Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 e calendario laboral 2003 do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 e o calendario laboral 2003, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras, con nº de código 3600965, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Galega de Graniteiros, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 29-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 13º do convenio

colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores

e pedras da provincia de Pontevedra

ACTA

Asistentes:

CC.OO.:

Amante Campo Lago

Marcos González Oliveira

Alberto Costas Hernández

José A. Lage García

CIG:

José Ángel Nieto Figueiras

Agustín González Mojón

Alberto Fernández Campo

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río

Ramón Carrera Molares

Raimundo Lago Otero

José Álvarez dos Santos

Manuel Vieitez Gil

Alfonso Fernández Alfonso

José Manuel Soliño Rodríguez

Representación empresarial:

Jesús Maraña Goldar

José Ángel Lorenzo Ramírez

Secretaria de actas:

Marta Iglesias Pereira

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevera, ás 17.30 horas do día 29 de xaneiro de 2003, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

O artigo 13º.-Retribucións salariais, establece que no caso de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 2002 fose superior ó 2,5%, se efectuará unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real de 2002, e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro deste ano. Os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez. O IPC o 31 de decembro de 2002 rexistrou un incremento do 4%, polo que se deberá efectuar unha revisión salarial do 1,5% de acordo coa táboa salarial anexa.

Unha vez confeccionada esta táboa, dáselle lectura e asínana as partes en proba de conformidad, acordándose a súa remisión á autoridade laboral, co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Marta Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións necesarias.

A seguir, a comisión deliberadora acorda a seguinte corrección de erros do artigo 22 do convenio, que regula o complemento de presentación de IT:

1. O complemento de 6,82 euros por día, desde o primeiro día de producida a baixa, previsto no

último parágrafo do citado artigo. No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, in itinere, ou enfermidade profesional derivada de silicose, pasa de ser de 6,93 euros.

2. Elimínase do último parágrafo deste artigo a mención de ata un máximo de 100 días.

Polo tanto, a redacción do último parágrafo do artigo 22 do convenio colectivo, quedaría redactado da seguinte maneira:

«-No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, in intinere ou enfermidade profesional derivada de silicose, aboarase un complemento de 6,93 euros desde o primeiro día de producida a baixa».

-Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezanove horas do día arriba sinalado.

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

ACTA

Asistentes:

CC.OO.:

Amante Campo Lago

Marcos González Oliveira

Alberto Costas Hernández

José A. Lage García

CIG:

José Ángel Nieto Figueiras

Agustín González Mojón

Alberto Fernández Campo

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río

Ramón Carrera Morales

José Manuel Soliño Rodríguez

Raimundo Lago Otero

José Álvarez dos Santos

Manuel Viéitez Gil

Alfonso Fernández Alfonso

Representación empresarial:

Jesús Maraña Goldar

José Ángel Lorenzo Ramírez

Secretaria de actas:

Marta Iglesias Pereira

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 17.30 horas do día 29 de xaneiro de 2003, reúnense a representación dos traballadores e empresarios, co fin de constituí-la comisión deliberadora do convenio colectivo provincial para o sector de mármores e pedras e inicia-las deliberacións deste. Asisten os citados anteriormente.

Tralo recoñecemento das partes, en canto á súa representación, estas considéranse representantes propios do ámbito xeográfico e funcional do convenio, polo que, estando a mesa negociadora representada pola maioría absoluta dos traballadores e

empresarios da provincia, se declara formalmente constituída a comisión deliberadora.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 24 do actual convenio colectivo que para o ano 2003 será de 1.752 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 24 do convenio relativo á xornada, dirá textualmente: «A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio, será de 1.752 horas segundo o calendario laboral anexo».

A mesa negociadora acorda que, para adapta-la xornada ás 1.752 horas acordadas para o ano 2003, os días: 2 de maio, 24 de xullo, 11, 12, 13 e 14 de agosto, 31 de outubro e 24, 26 e 31 de decembro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Fornelos de Montes: 16 de xuño e 18 de agosto.

Covelo: 28 de xullo.

Arbo, Mondariz, Vigo e Vilagarcía de Arousa: 18 de agosto.

Agolada: 18 de agosto.

Vila de Cruces: 18 e 19 de agosto.

A empresa exporá en lugar visible de cada centro de traballo o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Independientemente da xornada fixada, esta queda condicionada á que no seu momento estableza o convenio xeral da construcción.

Acórdase a remisión desta acta á autoridade laboral, co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no DOG e no BOP. Autorízase a Marta Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezanove horas do día arriba indicado.

ANEXO

Táboa de salarios ano 2002 (en euros)

CategoríasSalario basePagas extras e vacaciónsComplemento

asistencia

IncentivoComplemento

transporte

MarmoreríasRestoMarmoreríasResto

* Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos918,881.263,061.263,0640,443,67
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais918,881.263,061.263,0640,443,67
ATS, mestres de ensino, mestres industriais890,611.223,791.223,7940,443,67

* Administrativos
Xefe de primeira900,301.237,251.237,2540,443,67
Xefe de segunda811,471.113,781.113,7840,443,67
Oficial de primeira753,771.033,571.033,5740,443,67
Oficial de segunda696,15953,47953,4740,443,67
Auxiliares telefonistas659,38902,36902,3640,443,67
Aspirantes541,10714,23714,2340,442,81

* Técnicos non titulados
Encargado xeral860,281.192,801.192,8040,443,67
Delineante superior811,471.113,781.113,7840,443,67
Delineante de primeira753,771.033,571.033,5740,443,67
Delineante de segunda711,23974,41974,4140,443,67
Calcador659,38902,36902,3640,443,67

* Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado660,17903,47903,4740,443,67
Persoal de limpeza660,17903,47903,4740,443,67
Xefe de almacén660,17903,47903,4740,443,67
Mozo de 16 anos477,99626,51626,5140,442,81
Mozos de 17 anos514,70673,50673,5040,442,81
Almaceneiro660,17903,47903,4740,443,67

* Operarios
Encargado de obra/ xefe taller24,4033,6734,4040,440,943,323,67
Capataz-capataz de cuadrilla23,6332,5633,2940,440,943,323,67
Contramestre23,2432,0432,7740,440,943,323,67
Oficial de primeira23,0731,8232,5440,440,943,323,67
Oficial de segunda22,6731,2531,9740,440,943,323,67
Oficial de terceira-axudante22,3030,7431,4540,440,943,323,67
Peón especialista22,0930,4731,1740,440,943,323,67
Peón22,0030,3231,0540,440,943,323,67
Aprendiz ou pinche de 16 anos16,7422,2322,9740,440,943,322,81
Aprendiz ou pinche de 17 anos17,0822,7023,4240,440,943,322,81

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA