Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira, con nº de código 3601075, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 13-2-2003, subscrita en representación da parte económica polo Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeira, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 12-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de rematantes

e serradores de madeiras da provincia

de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

CIG:

José Juan Melón González.

Representación empresarial:

Antonio Pérez Jiménez.

José Bustos Rodríguez.

Jesús Vaquero Moreira.

Fernando Castro González.

Secretaria de actas:

Marta Iglesias Pereira.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezaoito quince horas do día doce de febreiro de dous mil tres, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de remantantes e serradores de madeira da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio. Asisten os señores arriba indicados.

Para 2002 o convenio colectivo establece un incremento salarial inicial de 2,5%. O IPC o 31 de decembro de 2002 rexistrou un incremento, respecto do 31 de decembro de 2001, do 4%, polo que, en aplicación do artigo 25, que establece que se efectuará unha revisión salarial do 0,5% sobre o IPC rexistrado a 31 de decembro de 2002, debe efectuarse unha revision salarial do 2%, que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 2002, resultando a táboa salarial anexas (resultante de aplicar un incremento do 4,5% á táboa salarial do ano 2001).

ANEXO I

Táboa salarial 2002

Categoría

Salario base

2002

-Persoal de fábrica e monte
Encargado xeral679,54
Encargado de sección e de producción666,35
Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e conductor de camión661,89
Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carreteiro e operador de pa641,90
Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, cortador e garda621,28
Peón, medidor, e especialista de secadoiro616,81
Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos585,35

-Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas729,92
Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador684,25
Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador648,54
Viaxante e corredor de praza636,55
Auxiliar administrativo, telefonista608,78

ANEXO II

Antigüidade consolidada ó día 1-1-1998

Categoría5 anos6 anos7 anos8 anos9 anosCada ano máis

-Persoal de fábrica e monte
Encargado xeral28,0733,6939,3044,9150,535,61
Encargado sección-producción27,5033,0038,5044,0049,505,50
Oficial 1ª, serrador 1ª, afiador 1ª27,3232,7838,2443,7149,175,46
Oficial 2ª, serrador 2ª, operador de pa26,4631,7537,0342,3247,615,29
Axudante de afiador-serrador, cortador25,5730,6835,8040,9146,035,11
Peón, especialista secadoiro25,3730,4535,5240,5945,665,07

-Persoal administrativo e técnico
Xefe oficina, analista programador, etc.30,2436,2842,3348,3854,426,05
Oficial 1ª, delineante especialista, progdor.28,2733,9339,5845,2450,895,66
Oficial 2ª, delineante auxiliar, operador26,7432,0937,4442,7948,145,35
Viaxante, corredor de praza26,2231,4736,7241,9647,215,25
Auxiliar admtvo., telefonista25,0330,0435,0540,0545,065,01

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Marta Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezoito trinta horas do día arriba indicado.