Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 11-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 3-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 30 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo

da construcción

Asistentes:

UGT:

Lourdes Diz Lorenzo.

José Carlos Rodríguez del Río.

Ramón Carrera Molares.

Manuel Filgueira Campelo.

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

José Joaquín Dasilva Meira.

Laureano Barros Salgueiro.

José Figueroa García.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC:

Ángel Fernández Presas.

Jesús Fontán Piñeiro.

Anselmo Hernández Luján.

José Luis Campos Novo.

José Manuel Conde Roque.

José Pampillón Alonso.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, o 3 de febreiro de 2003, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), previamente convocados, reúnenense as persoas citadas nas representacións que se indican co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 2002, en virtude da cláusula de garantía salarial no artigo 30 do convenio colectivo provincial para o sector da construcción, que di textualmente: «No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo a 31 de decembro de 2002 supere o 2%, efectuarase unha revisión económica para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do ano seguinte, afectando os conceptos económicos: salario, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complemento extrasalarial».

Dado que se constatou que o índice oficial de prezos ó consumo (IPC) a 31 de decembro de 2002 foi do 4%, procede revisa-las táboas salariais que serviron de base para realiza-los aumentos salariais do ano 2002, nun 2%, que é a diferencia entre a cláusula de garantía salarial pactada e o IPC final ó 31 de decembro de 2002.

A táboa de salarios anexa á presente acta entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2003 e serivirá de base para a negociación das retribucións salariais do convenio colectivo provincial para o dito ano.

Os conceptos que se revisan son os seguintes:

Táboa salarial (documento anexo).

A retribución do contrato para a formación contemplado no artigo 18.9º do convenio colectivo será a seguinte:

Primeiro ano: 513,68 euros.

Segundo ano: 629,88 euros.

Terceiro ano: 662,32 euros.

Colectivos do punto 5º do artigo 18:

Primeiro ano: 740,23 euros.

Segundo ano: 779,20 euros.

Desgaste de ferramentas (artigo 37): 0,57 euros.

Roupa de traballo (artigo 38): 28,15 euros.

Asinan estes acordos a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e as centrais sindicais: UGT, CC.OO. e CIG.

Acórdase facultar a Yolanda Carballo Muñoz para proceder ó rexistro desta acta na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Táboa de salarios 2002 (rev. 5% s/2001)

NivelSalario

14 pagas

iguais

Complemento

extrasalarial

Total

anual

Hora extra

sen compl.

DíaMes

II1.124,013,6172,2016.530,3415,68

III-IV 880,143,6172,2013.116,1612,28

V 821,423,6172,2012.294,0811,46

VI 796,653,6172,2011.947,3011,11

VII 793,833,6172,2011.907,8211,08

VIII 792,093,6172,2011.883,4611,05

IX 778,753,6172,2011.696,7010,87

X 763,793,6172,2011.487,2610,66

XI-XII 755,653,6172,2011.373,3010,54

XIII 515,933,6172,20 8.017,22