Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-1-2003, subscrito en representación da parte económica por Udesa, e da parte social polo delegado de persoal o 17-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Unión

de Distribuidores de Electricidad, S.A.

En Santiago de Compostela, sendo as 11 horas do día 17 de xaneiro de 2003, reúnense, en representación da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A., José Manuel Arufe Rieiro e, en representación dos traballadores/as, Jesús Becerra Queijo, como delegado de persoal, e Alfredo Santomil García, como asesor sindical da CIG, como membros da comisión paritaria regulada no artigo 5 do convenio colectivo en vigor, co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais para os anos 2002 e 2003, de acordo co establecido no artigo 8.

Procédese a revisa-las táboas salariais para o ano 2002. Os salarios son os que figuran no anexo I desta acta, resultado de aplicar unha suba do 2,7%, porcentaxe equivalente ó incremento do IPC do ano 2001.

Así mesmo, procédese a revisa-las táboas salariais para o ano 2003. Os salarios son os que figuran no anexo II desta acta, resultado de aplicar unha suba do 4%, porcentaxe equivalente ó incremento do IPC do ano 2002.

Así mesmo, revísanse os importes das gardas establecidas no artigo 21 do seguinte xeito:

-Zona de Cerceda: 77,77 A (para o 2002); 80,88 A (para o 2003).

-Zonas de Mesía e Arca: 97,22 A (para o 2002); 101,11 A (para o 2003).

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión, sendo as 13 horas do día do encabezamento.

Táboas salariais ano 2002.

CategoríasSalario base mensualSalario base anual

Xefe de persoal1.218,28 A21.319,88 A

Supervisor técnico1.218,28 A21.319,88 A

Xefe administración1.218,28 A21.319,88 A

CategoríasSalario base mensualSalario base anual

Oficial 1ª administrativo959,26 A16.787,03 A

Oficial 2ª administrativo894,36 A15.651,35 A

Oficial 3ª administrativo829,47 A14.515,67 A

Auxiliar administrativo685,03 A11.988,02 A

Oficial de 1ª959,26 A16.787,03 A

Oficial de 2ª894,36 A15.651,35 A

Oficial de 3ª829,47 A14.515,67 A

Peón especialista685,03 A11.988,02 A

Táboas salariais ano 2003.

CategoríasSalario base mensualSalario base anual

Xefe de persoal1.267,01 A22.172,67 A

Supervisor técnico1.267,01 A22.172,67 A

Xefe administración1.267,01 A22.172,67 A

Oficial 1ª administrativo997,63 A17.458,52 A

Oficial 2ª administrativo930,14 A16.277,41 A

Oficial 3ª administrativo862,65 A15.096,30 A

Auxiliar administrativo712,43 A12.467,54 A

Oficial de 1ª997,63 A17.458,52 A

Oficial de 2ª930,14 A16.277,41 A

Oficial de 3ª862,65 A15.096,30 A

Peón especialista712,43 A12.467,54 A