Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.094

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos e xeados artesáns.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos e xeados artesáns (código convenio 1500375) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Confiterías, Pastelerías y Repostería de A Coruña, e, da parte social por UGT e CC.OO. o día 27-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos e xeados artesáns

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas á confeitería, pastelería, masas fritidas, bolos e xeados artesáns, incluído o persoal mercantil con centros de traballo na Coruña e a súa provincia a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2002 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2003.

As retribucións acordadas e os pactos do presente convenio terán efectos o mesmo día de entrada en vigor, calquera que sexa a data da súa publicación no BOP. Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que se terá que realizar cunha participación mínima ó fin do período de vixencia, ou de calquera das súas prórrogas, de dous meses.

Artigo 3º.-Vixilancia.

En cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécese, segundo o seu artigo 85, unha comisión paritaria que estará formada por tres representantes de UGT, dous representantes de CC.OO. e cinco representantes das asociacións patronais que interviñeron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio respecto ás materias obxecto de regulación.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen polas presentes estipulacións, salvo en contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se xuntan, sendo o incremento para o ano 2002 dun 5% e para o ano 2003 do IPC previsto polo Goberno para o ano 2003 máis medio punto, é dicir, o 2,5%. Se o IPC real o 31

de decembro de 2003 excedese do IPC previsto para ese ano, revisaranse os salarios no exceso.

Artigo 6º.-Complementos de transporte.

Establécese un complemento de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 1,68 euros diarios durante o ano 2002. Durante o ano 2003 o complemento de transporte será de 1,72 euros diarios. Este complemento, que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense para tódolos traballadores tres pagas extraordinarias: unha en marzo, que corresponde á de beneficios, calculándose a razón do nove por cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; en caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade. Outra no mes de xullo e a terceira no Nadal. Todas elas se aboarán a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8º.-Premio de vacacións.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa terán dereito a desfrutar de dous meses de vacacións retribuídas. O desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo na empresa. A empresa entrega ó traballador que solicite este permiso de vacacións dun certificado acreditativo do seu desfrute no que constará o tempo de tales vacacións. Durante este período percibirá o salario base e o complemento de antigüidade.

Artigo 9º.-Falecemento.

No caso dun traballador falecer estando en activo e de levar, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralle ós seus herdeiros ou á persoa que directamente designe dúas mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, en concepto de complemento persoal de antigüidade, unha contía fixada por cada 3 anos de servicios prestados á empresa, de acordo coas táboas anexas.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Establécese unha limitación de 10 trienios para tódolos traballadores.

O incremento das táboas de antigüidade non será inferior ó 80% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento do salario base.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun recargo do 100% do salario base hora.

Artigo 12º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno establécese no 40% do salario base.

Artigo 13º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente de 30 días de vacacións.

Artigo 14º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade de Nosa Señora de Montserrat, patroa da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refírese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que este se refire.

Se a primeira das ditas festividades coincidese en sábado ou domingo, trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días no caso de parto da esposa, en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao. Se o traballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día en caso de enfermidade grave o falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comuñón e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 16º.-Xornada.

Nos talleres de confeitería e pastelería a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis de 12 horas.

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.800 horas anuais.

Considerarase como traballo efectivo o tempo destinado ó bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñesen concedendo este dereito.

Artigo 18º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral un complemento

que, sumado á prestación correspondente da Seguridade Social, alcance o 75% dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa, e a partir do 21, e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100% dos devengos salariais do traballador.

Artigo 19º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros para a cobertura e ós riscos de morte por accidente de traballo durante as 24 horas do día, garantindo o percibo da indemnización de 15.025,30 euros en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 20º.-Garantías sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 21º.-Xubilación voluntaria.

Os traballadores que se xubilen voluntaria e anticipadamente terán dereito a desfrutar de vacacións retribuídas na seguinte proporción:

-Ós 60 anos: un mes e quince días.

-Ós 61 anos: un mes e once días.

-Ós 62 anos: un mes e oito días.

-Ós 63 anos: un mes e cinco días.

-Ós 64 anos: un mes e dous días.

En tódolos casos o desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo na empresa. A empresa faralle entrega ó traballador que solicite este premio de vacacións dun certificado acreditativo do seu desfrute, no que constará o tempo de tales vacacións. Durante este período percibirá o salario base, e complemento de antigüidade.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Ó persoal que polo seu traballo necesite roupa especial, as empresas estarán obrigadas a facilitarlle gratuitamente batas, fundas, panos, etc.; a duración destas pezas será dun ano.

Artigo 23º.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias de carácter xeral do Acordo Marco Estatal de Pastelería, Confeitería, Bolería, Xeladería, Repostería e Pratos Combinados, asinado pola Confederación Española de Empresarios Artesáns de Pastelería e por CC.OO. e UGT, e publicado no Boletín Oficial del Estado do día 11 de marzo de 1996.

Artigo 24º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio será de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos e polo seguinte orde de prioridade:

Táboas salariais do convenio colectivo

de confeiterías

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismo do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incremento negociadas ou a súa total inaplicación polo período que se determine. Neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 25º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, será de 12 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

Os contratos eventuais por circunstancias do mercado, celebrados antes da sinatura deste convenio colectivo, rexeranse ata a súa extinción pola normativa convencional en función da cal se celebraron, polo que poderá esgota-la duración máxima establecida nos anteriores convenios colectivos.

Artigo 26º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organización sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Ano 2002

Salario base mesSalario base anoComplemento antigüidade

* Técnicos non titulados
Encargado xeral867,8713.018,0549,75
Xefe fabricación taller928,3313.924,9553,23
Encargado de sección691,2310.368,4539,62

* Administrativos
Xefe de administrac. de 1ª982,0314.730,4556,30
Xefe de administrac. de 2ª928,3313.924,9553,23
Oficial de 1ª838,7612.581,4048,09
Oficial de 2ª748,8111.232,1542,92
Auxiliar690,7110.360,6539,60
Aspirante de primeiro ano406,986.104,7020,60
Aspirante de 2ª ano416,986.254,7023,90
Aspirante de terceiro ano539,068.085,9030,91

* Mercantís
Xefe de vendas945,5114.182,6554,22
Inspector de vendas898,4613.476,9051,51
Promotor de propaganda748,8111.232,1542,92
Vendedor de autovenda718,8710.783,0541,20
Viaxante718,8710.783,0541,20

* Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª755,9811.339,7043,35
Oficial de 2ª698,2510.473,7540,03
Axudante656,169.842,4037,62
Forneiro mecanizado698,2510.473,7540,03
Forneiro de pa698,2510.473,7540,03
Aprendiz de 1º ano406,986.104,7020,86
Aprendiz de 2ª ano422,226.333,3024,21

b) Pers. acabado e empaquetado
Oficial de 1ª755,9811.339,7043,35
Oficial de 2ª698,2510.473,7540,03
Axudante656,169.842,4037,62
Aprendiz de 1ª ano406,986.104,7020,86
Aprendiz de 2º ano422,226.333,3024,21

c) Pers. de oficios auxiliares
Oficial de 1ª755,9811.339,7043,35
Oficial de 2ª698,2510.473,7540,03
Peón635,479.532,0536,42
Persoal de limpeza635,479.532,0536,42

* Subalternos
Almaceneiro755,9811.339,7043,35
Conserxe676,0510.140,7538,76
Cobrador676,0510.140,7538,76
Basculeiro676,0510.140,7538,76
Garda xurado676,0510.140,7538,76
Garda vixiante676,0510.140,7538,76
Ordenanza676,0510.140,7538,76
Porteiro635,479.532,0536,42

* Comercio administrativos
Auxiliar de caixa691,1610.367,9541,11

* Persoal mercantil
Dependienta menor de 25 anos717,1310.756,9541,11
Dependienta menor de 24 anos691,1610.367,4039,62
Axudante649,239.738,4537,22

* Nota: os salarios das categorías de aprendiz de 1º e 2º ano e aspirante de 1º e 2º ano refírense ó 85% da xornada.

Ano 2003

Salario base mesSalario base anoComplemento antigüidade

* Técnicos non titulados
Encargado xeral889,5713.343,5550,75
Xefe fabricación taller951,5414.273,1054,29
Encargado de sección708,5110.627,6540,41

* Administrativos
Xefe de administrac. de 1ª1.006,5815.098,7057,43
Xefe de administrac. de 2ª951,5414.273,1054,29
Oficial de 1ª859,7312.895,9549,05
Oficial de 2ª767,5311.512,9543,78
Auxiliar707,9810.619,7040,39
Aspirante de primeiro ano417,156.257,2521,01

Salario base mesSalario base anoComplemento antigüidade

Aspirante de 2ª ano427,406.41124,38
Aspirante de terceiro ano552,548.288,1031,53

* Mercantís
Xefe de vendas969,1514.537,2555,30
Inspector de vendas920,9213.813,8052,54
Promotor de propaganda767,5311.512,9543,78
Vendedor de autovenda736,8411.052,6042,02
Viaxante736,8411.052,6042,02

* Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª774,8811.623,2044,22
Oficial de 2ª715,7110.735,6540,83
Axudante672,5610.088,4038,37
Forneiro mecanizado715,7110.735,6540,83
Forneiro de pa715,7110.735,6540,83
Aprendiz de 1º ano417,156.257,2521,28
Aprendiz de 2ª ano432,786.491,7024,69

b) Pers. acabado e empaquetado
Oficial de 1ª774,8811.623,2044,22
Oficial de 2ª715,7110.735,6540,83
Axudante672,5610.088,4038,37
Aprendiz de 1ª ano417,156.257,2521,28
Aprendiz de 2º ano432,786.491,7024,69

c) Pers. de oficios auxiliares
Oficial de 1ª774,8811.623,2044,22
Oficial de 2ª715,7110.735,6540,83
Peón651,369.770,4037,15
Persoal de limpeza651,369.770,4037,15

* Subalternos
Almaceneiro774,8811.623,2044,22
Conserxe692,9510.394,2539,54
Cobrador692,9510.394,2539,54
Basculeiro692,9510.394,2539,54
Garda xurado692,9510.394,2539,54
Garda vixiante692,9510.394,2539,54
Ordenanza692,9510.394,2539,54
Porteiro651,369.770,4037,15

* Comercio administrativos
Auxiliar de caixa708,4410.626,6040,41

* Persoal mercantil
Dependienta menor de 25 anos735,0611.025,9041,93
Dependienta menor de 24 anos708,4410.626,6040,41
Axudante665,469.981,9037,96

* Nota: os salarios das categorías de aprendiz de 1º e 2º ano e aspirante de 1º e 2º ano refírense ó 85% da xornada.