Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema) e a Asociación Provincial de Fabricantes y Comerciantes del Mueble de A Estrada (Afcm), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 5-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 26 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta

delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería,

ebanistería e actividades afíns, da provincia

de Pontevedra-2003

Asistentes:

CC.OO.:

Carlos Varela Pérez.

J. Manuel Estévez Freiría.

Marcos González Oliveira.

Juan Carlos Lameiro Caneda.

CIG:

Carlos Tielas Bernardino.

Juan Carlos Bugarín López.

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Corral Villar.

UGT:

Lourdes Diz Lorenzo.

José Manuel Carrera Gándara.

Cristóbal Sánchez López.

Cándido Fdez. Fdez.

Antonio Abreu Moreira.

Representación empresarial:

Jaime Fernández Arrabal. Asema.

Pablo Gómez González. Asema.

Enrique Cameselle Taboada. Asema.

Félix Rodríguez Regueiro. Afcm.

Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dez trinta horas do día cinco de febreiro de dous mil tres, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, para revisa-los artigos que correspondan do citado convenio, con vixencia ata o ano 2003.

Os artigos que se van revisar son os que a continuación se relacionan, e quedarían coa seguinte redacción:

«Artigo 18º.-Días festivos.

1. Para os efectos de distribución e axuste da xornada anual, con vixencia para o ano 2003, considéranse como non laborables e retribuídos os días 3 e 4 de marzo, 2 de maio, 31 de outubro, 24, 26 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día laborable ou festivo de convenio, trasladarase ó día inmediatamente seguinte. Para o ano 2003, nos concellos que se relacionan, tamén serán festivos de convenio os seguintes:

O día 28 de febreiro no Rosal.

O 5 de marzo na Illa de Arousa, Moraña, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui e Vilaboa.

O día 16 de xuño en Fornelos de Montes.

O día 18 de agosto en Arbo, Mondariz, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes».

«Artigo 25º.-Salarios.

1. Todo o persoal afectado por este convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Os aumentos concedidos por este convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente durante a vixencia del.

Os conceptos económicos terán eficacia ós oito días do asinamento do convenio.

2. Incremento para o ano 2003. Aplicarase un 3% sobre a retribución total o 31-12-2002».

«Artigo 26º.-Revisión salarial.

1. No suposto de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2003 un incremento respecto ó 1 de xaneiro superior ó 3%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A dita revisión servirá só para os efectos de base de cálculo para as táboas salariais do ano 2004.

2. Se, tendo en conta o establecido no punto anterior, operase unha revisión salarial, a comisión paritaria deberá reunirse necesariamente dentro dos 15 días seguintes ó da data na que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de contifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial».

«Artigo 31º.-Gastos de locomoción.

1. Cando, por necesidades da empresa, un traballador teña que desprazarse desde o centro de traballo normal ou habitual a outros lugares distintos, a empresa proverá o medio de transporte axeitado. No caso de que se utilice un servicio público colectivo, o seu custo será por conta da empresa.

2. Se a empresa e o traballador conviñesen en utiliza-lo vehículo deste, aquela deberá dar obrigatoriamente por escrito a autorización pertinente, aboándolle a cantidade establecida en cada momento.

3. O prezo do quilómetro para o ano 2003 establécese en 0,20 euros».

«Artigo 32º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que, por necesidades da empresa e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas na súa residencia habitual, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo con pernoita: 45,07 euros.

-Axuda de custo completa: 27,04 euros.

-Media axuda de custo: 13,29 euros.

2. Se, por circunstancias excepcionais, os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non lles aboará ningunha cantidade por estes conceptos ós traballadores».

«Artigo 33º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non lles entregue ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos, pagará en compensación do seu desgaste 1,22 euros por cada día de traballo».

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a José Manuel Oubel Villanueva para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece horas do día arriba indicado.

Convenio do sector de carpintería, ebanistería

e actividades afíns

Táboa de salarios 2003

Retribución total

2002 revisada

Salario base

2003

Encargado xeral, xefe taller841,04866,27
Encargado sección, producción836,88861,99
Oficial preparador, de producción831,47856,41
Oficial de 1ª822,33847,00
Oficial de 2ª807,20831,42
Axudante798,54822,50
Peón780,50803,92
Xefe de oficina, ofic. técnica949,20977,68
Oficial de 1ª, DTE852,93878,52
Oficial de 2ª, DTA807,20831,42
Auxiliar administrativo796,70820,60