Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (895/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 895/2002 seguidos por ins

tancia de Beatriz Lens e outra contra a empresa A Costa da Morte Diversión y Ocio, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 7 de marzo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda presentada por Beatriz Lens Gómez e María del Pilar Guillomia Serrano, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-la cantidade de 1.395,35 euros cada unha polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa A Costa da Morte Diversión y Ocio, S.L a que, estando e pasando por tal declaración, lles aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 1.395,35 euros en concepto de salarios e indemnización.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa A Costa da Morte Diversión y Ocio, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa da Calzada, 27-2º, Cee, 15270 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 7 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado