Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (1172/2002).

Eloísa Alonso García, secretaria do Social número catro de Santander fago saber que por proposta de providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza, contra Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., ADT España Servicios de Seguridad, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Seguranza y Sistemas de Seguridad S.L. e Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 1172/2002, acordouse cita-las empresas Inversiones Convergentes, S.L., e Seguranza Norte, S.L. en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza o día trinta de abril de dous mil tres ás 11.20 horas da mañá para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número catro sito en rúa Alta, 18 (pr. Juan José Ruano) debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa debidamente apoderada, e con tódolos medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación ás empresas Inversiones Convergentes, S.L. e Seguranza Norte, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Santander, 14 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado