Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Gómez Cid, Rosa María e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 11 de marzo de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Gómez Cid, Rosa María

DNI: 44448736

Xeneral Ampudia, 3 - 513

Madrid

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 24355/00. (Emenda de garantía)

Rodríguez Seijo, Jesús

DNI: 36068743

Avda. A Barca, 28 - 2º. Poio

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Liq. 620011008868. (Emenda de defectos)