Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.041

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (845/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 845/2002 por instancia de Paulino Esparragosa Rodríguez contra a empresa Excavaciones Claudio y Arturo, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 14 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 845/2002, seguidos por instancia de Paulino Esparragosa Rodríguez, maior de idade, asistido polo letrado Miguel Nouche Ferreira, contra a empresa Excavaciones Claudio y Arturo, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Paulino Esparragosa Rodríguez, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Excavaciones Claudio y Arturo, S.L. e debo condenar e condeno a esta a que, no prazo de cinco días, opte entre a readmisión inmediata do traballador nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou á extinción do contrato con aboamento de 1.668,56 euros en concepto de indemnización e, no caso de optar pola readmisión, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, que ascenden a 29,66 euros/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena no conta de depósitos e consignacións que neste xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros, en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Excavaciones Claudio y Arturo, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado