Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (820/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 820/2002 por instancia de Gloria Alonso Hermo contra a empresa Castro Alonso Coruña, S.L. sobre salarios, nos que recae sentencia con data do 12 de marzo de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Gloria Alonso Hermo, contra a empresa Castro Alonso Coruña, S.L., condeno a aboarlle a cantidade de 3.151,68 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente, ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que, para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604 0000 60 820-2002 de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Castro Alonso Coruña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado