Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 618/2002 por instancia de José Manuel Calvelo García contra a empresa Peta Peta Talleres, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:
«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 11 de marzo de 2003.
Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, viu os presentes autos de xuízo número 618/2002 seguidos por instancia de José Manuel Calvelo García, maior de idade, asistido polo letrado José Domínguez Castiñeiras, contra a empresa Peta Peta Talleres, S.L., que non com
pareceu nos autos, intervindo o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.
Seguen feitos e fundamentos de dereito.
Decido que estimando a demanda interposta por José Manuel Calvelo García, intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno á empresa Peta Peta Talleres, S.L. a que lle aboe ó demandante a cantidade de 7.293,73 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda.
Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número de expediente.
E así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación á empresa Peta Peta Talleres, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de marzo de 2003.
O secretario xudicial
Rubricado