Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.041

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DAS PALMAS DE GRAN CANARIA

CÉDULA de notificación (48/2002).

En virtude do acordado polo maxistrado deste xulgado Javier R. Díez Moro, no xuízo número 48/2002, seguido por instancia de Antonio Seoane Cobas contra Europea de Gas Butano, S.L. cítase a vd. para que o día 9 de xuño de 2003 ás 9.40 horas compareza perante este xulgado á celebración dos actos de conciliación e xuízo, advertíndoa de que non se suspenderá por falta de asistencia das partes e que estas deben concorrer ós ditos actos con tódolos medios de proba de que se intenten valer.

Ó mesmo tempo cítase o representante legal da empresa demandada a que compareza no día sinalado á proba de interrogatorio de parte baixo apercibimento de que de non comparecer sen xusta causa poderá ser tido por conforme cos feitos da demanda, e requíreselle para que achegue recibo de salarios ou nóminas de pagamentos correspondentes ó demandante así como o libro de matrícula.

E para citar e entregar ó representante legal da empresa Europea de Gas Butano, S.L. expido esta cédula nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 2003.

O/a secretario/a

Rubricado