Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.040

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/2002).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 133/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

En nome de El Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 133/2002, seguida por unha falta de lesións imprudentes, no que foron parte, como denunciante, Basilisa González Tubío, representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva e, como denunciados, Ana Blanco Villaverde, representada pola procuradora Yolanda Vidal Viñas, Mª Carmen Rodríguez Martínez, José María Taboada Albarrán, Remigia Vilarariño Castro, Juan Manuel Sánchez Cajaraville, Ana María González Santamaría e María José Saborido Rodríguez; e o Sergas, representado polo letrado da Xunta de Galicia pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a Ana Blanco Villaverde, Mª Carmen Rodríguez Martínez, José María Taboada Albarrán, Remigia Vilarariño Castro, Juan Manuel Sánchez Cajaraville, Ana María González Santamaría e María José Saborido Rodríguez, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Juan Manuel Sánchez Cajaraville, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa

publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 13 de marzo de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO

DAS PALMAS DE GRAN CANARIA