Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.040

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (466/2001).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou citar a Antonio Amado Botana, co fin de que o próximo día 21 de maio de 2003 ás 12 horas asista na sala de vistas deste xulgado á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos, ...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo de que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apo

derar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón o doce de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

Resumo dos feitos obxecto da denuncia:

Feitos: falta de estafa (623)

Lugar: partido xudicial de Padrón

Data: 28 de setembro de 2001

Denunciante: José Antonio Vila González

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA