Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (887/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 887/2002 por instancia de María del Carmen Queijo Canedo e outras contra Cartex 2001, S.L. e outra, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia, con data do 20-2-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María del Carmen Queijo Canedo, María del Carmen Varela Suárez, Fermina Amado Corzón, Jesusa Varela Suárez, Ana María Suárez Ramos, Valdina Caamaño Lago e Carmen Varela Rey contra a empresa Cartex 2001, S.L. e María Cruz Couso Reigosa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ás demandantes, condenando as demandadas a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opten entre a inmediata readmisión das traballadoras nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento das cantidades seguintes: a María del Carmen Queijo Canedo, 187,40 euros; a María del Carmen Varela Suárez, 1.607,67 euros;

a Fermina Amado Corzón, 229,32 euros; a Jesusa Varela Suárez, 1.686,58 euros; a Ana María Suárez Ramos, 633,70 euros; a Valdina Caamaño Lago, 996,16 euros e a Carmen Varela Rey 453,70 euros, en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión no caso de que opten por esta última.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0887 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0887 02, entregándose o

xustificante na secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA