Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (794/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 794/2002 seguidos por instancia de Isidro García Miramontes contra Constructora Exporvey, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 28 de febreiro que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Isidro García Miramontes, contra a empresa Constructora Exporvey, S.L., condeno a esta a aboarlle-la cantidade de 805,61 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non se pode interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Constructora Exporvey, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado