Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (103/2000).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue expediente de quebra voluntaria, baixo o número 103/2000, a instancia do procurador sr. García-Piccoli Atanes, en representación de Egosa, Asfaltos y Construcciones, S.A., con CIF A-15020787, domiciliada no lugar de Formarís, s/n, parroquia de Enfesta, Santiago de Compostela, no cal se dictou auto, firme para efectos rexistrais, que no seu encabezamento e parte dispositiva literalmente din:

Auto. En Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2002. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade dictou esta resolución no procedemento civil de quebra voluntaria co número 103/2000, por instancia de

Egosa Asfaltos y Construcciones, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli e asistida do letrado José Pedro Moreno González.

Compareceron nos autos as seguintes empresas e organismos:

-Antonio Calvo Campos, representado polo procurador Jesús Raposo Quintás.

-Camilo Carballal, S.L., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez.

-Fubdicio Ductil Benito, S.L., representada polo procuradora Soledad Sánchez Silva.

-Distubogal S.L., representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva.

-Daniel Ríos Pichel, representada pola procuradora Ana María González Gancedo.

-A Axencia Tributaria representada polo letrado do Estado.

-Fogasa, representada polo letrado do Estado.

-Tesourería Xeral da Seguridade Social, representada polo letrado do Estado.

-Reyca, S.L., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo dar por rematado este procedemento de xuízo universal de quebra voluntaria de Egosa, Asfaltos y Construcciones, S.A.

Unha vez firme esta resolución cesarán nos seus cargos os síndicos e o comisario.

Devólvase a correspondencia retida.

Líbrese oficio ó Rexistro Mercantil con testemuño desta resolución para a súa anotación.

Póñase igualmente en coñecemento dos xulgados do social desta cidade, e en concreto do número un comunicando que perante o seu arquivo se deixa sen efecto calquera retención que estiver á disposición deste xulgado relativa ós administradores da empresa quebrada.

Desagréguese calquera documentación que se solicite de calquera acredor para os efectos que consideren oportuno.

Déaselle a esta resolución a mesma publicidade que se lle deu ó auto de declaración de quebra.

Lévese testemuño desta resolución ás demais pezas, e unha vez firme arquívense deixando nota bastante no libro rexistro deste xulgado.

Notifíquese ás partes comparecidas e ó Ministerio Fiscal, así como ós síndicos e ó comisario.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en forma, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2003.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado