Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición de vestiario para conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia (PMX) e ordenanzas da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Obxecto: a adquisición de vestuario para conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia (PMX) e ordenanzas da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

Orzamento de licitación: 59.000 euros, IVE incluído.

Plazo de execución: 25 días naturales, a partir da toma de medidas, para os traxes de verán e ata o trinta de setembro do ano en curso para os traxes de inverno.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía provisoria: 1.180 euros.

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2399.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situada na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 80 do Reglamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, ou no rexistro de calquera das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o día siguiente ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó remate do prazo de presentación de proposiciones. Se éste fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á firma do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública