Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (895/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e

certifico que neste xulgado se seguen autos número 895/2001 por instancia de Fernando Calvo Pérez contra Construcciones Gomaño, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 3-2-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que desestimando a excepción alegada pola empresa Construcciones Gomaño, S.L. e estimando a demanda interposta por Fernando Calvo Pérez contra a empresa Construcciones Gomaño, S.L. e Cupabi, S.A., condeno solidariamente a estas ó aboamento da cantidade de 4.577 euros (761.458 pesetas) polas cantidades reclamadas na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito. É indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado, aberta no Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0895 01, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0895 01, entregándose o

xustificante na secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse este depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando na primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíqueselles esta ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cubapi, S.A. expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado