Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (139/2002).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 139/2002, por ameazas, nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 139/2002, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, a denunciante María del Mar Ramona Cifuentes Sánchez, e o denunciado José Andrés Cifuentes Sánchez.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Andrés Cifuentes Sánchez da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que lle sirva de notificación en forma ó denunciado José Andrés Cifuentes Sánchez expido selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado