Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.908

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (111/2003).

Eu, Eloísa Alonso García, secretaria do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que, por proposta de providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Vicente Crespo de Lara contra Inversiones Convergentes, S.L., Wetra Europa, S.L., Seguranza Norte, S.L., Inversiones y Seguridad 2000, S.L., ADT España Servicios de Seguridad, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 111/2003, acordouse citar a Inversiones Convergentes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de maio de 2003, ás 10.20 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, de xuízo.

Terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número catro, sito na rúa Alta, 18 (praza Juan José Ruano), deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou se se trata de emprazamento.

E para que sirva de citación a Inversiones Convergentes, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santander, 4 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado