Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Rioseco-Serín no concello do Corgo. (Expediente 41/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre

autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se citan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Bergazo e remate no C.T. proxectado de Rioseco de 1.226 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Rioseco de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Rioseco de 1.605 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que se poida examina-lo proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que consideren oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 41/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Rioseco, SerínTermo municipal: O Corgo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5Cortiña de PontideLabradíoManuel Vila PolínSan Fiz de Bergazo

27163 O Corgo (Lugo)

2138380

7Leira da PenaPradoElías Vila ExpósitoSan Fiz de Bergazo

27163 O Corgo (Lugo)

2 e 321301.300

11CamaroPradoJesús Vila FernándezSan Cristovo de Chamoso

27163 O Corgo (Lugo)

44440

14CamaroPradoElías Vila ExpósitoSan Fiz de Bergazo

27163 O Corgo (Lugo)

432

17A LamaPradoManuel Vila PolínSan Fiz de Bergazo

27163 O Corgo (Lugo)

7178780

23ChantadaMonte baixoElías Vila ExpósitoSan Fiz de Bergazo

27163 O Corgo (Lugo)

32320

27ChantadaMonte baixoPaloma Díaz CastroverdeAvda. Fisterra, 49-1º esq.

15004 A Coruña

9170700