Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo delegado de persoal o día 24-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta.

A Coruña, ás dez horas do día 24 de xaneiro de 2003, reúnense Javier Buján Chamorro, delegado de persoal de El Pote, S.A., asistido por Nieves Montes Patiño, asesora de UGT, en representación dos traballadores da empresa.

E doutra parte, en representación de El Pote, S.A., o letrado Miguel Calderón Acero.

O obxecto da reunión é a revisión das táboas salariais do convenio do ano 2002 e o acordo sobre as aplicables no ano 2003.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do convenio vixente para o ano 2002 e visto que o IPC real foi do 4% adóptase o acordo de actualiza-las aprobadas no convenio co 0,5% de incremento, segundo o anexo I desta acta.

Estas táboas terán efecto desde o 1 de xaneiro de 2002 polo que a empresa se compromete a facer efectivo ós traballadores os atrasos correspondentes.

Así mesmo e sobre as táboas revisadas de 2002 establécense as de 2003 incrementándose estas nun 3% con base no citado artigo.

As táboas salariais de 2003 achéganse a esta acta como anexo II.

E non tendo outros asuntos que tratar deuse por finalizada a reunión ás doce horas, na data indicada.

ANEXO I

Táboas salariais revisadas 2002

CategoríaSalario base mensual 2002 (atrasos)

Director1.025,86 A
Xefe de división911,83 A
Xefe de centro ou sucursal796,99 A
Xefe de sección724,90 A
Dependente614,19 A
Axudante569,76 A
Oficial 1ª administrativo661,98 A
Oficial 2ª administrativo614,19 A
Auxiliar administrativo579,81 A
Decorador724,90 A
Axudante decoración e publicidade614,19 A
Escaparatista717,73 A
Montador de escaparates614,19 A
Profesional de oficio de 1ª614,19 A
Profesional de oficio de 2ª596,60 A
Mozo579,81 A
Complemento de transporte60,84 A

ANEXO II

Táboas salariais 2003

CategoríaSalario base mensual 2003Cómputo

anual

Director1.056,64 A17.658,28 A
Xefe de división939,18 A15.778,92 A
Xefe de centro ou sucursal820,90 A13.886,44 A
Xefe de sección746,65 A12.698,44 A
Dependente632,62 A10.873,96 A
Axudante586,85 A10.141,64 A
Oficial 1ª administrativo681,84 A11.661,48 A
Oficial 2ª administrativo632,62 A10.873,96 A
Auxiliar administrativo597,20 A10.307,24 A
Decorador746,65 A12.698,44 A
Axudante decoración e publicidade632,62 A10.873,96 A
Escaparatista739,26 A12.580,20 A
Montador de escaparates632,62 A10.873,96 A
Profesional de oficio de 1ª632,62 A10.873,96 A
Profesional de oficio de 2ª614,50 A10.584,04 A
Mozo597,20 A10.307,24 A
Complemento de transporte62,67 A