Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de marzo de 2003 pola que se regula a prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 63, do luns, 31 de marzo de 2003, cómpre a súa corrección:

Na páxina 3.935, liña 20 referido ó artigo 5 -solicitude e documentación- onde di: «e para o pagamento da prestación.», debe dicir: «e para o pagamento da prestación (anexo II).».

Na páxina 3.936, anexo I, no cadro correspondente á documentación achegada segundo o esixido no artigo 5 da orde, onde di: «Certificado de convivencia», debe dicir: «Declaración xurada de convivencia co fillo».