Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 9 de abril de 2003 pola que se acorda a cesión en propiedade de vehículos todoterreo, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, a favor de diversos concellos para os servicios de policía local.

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, co fin de mellorar e garantir unha axeitada protección dos bens e das persoas e no proceso de coordina-las policías locais da Comunidade Autónoma, adoptou unha serie de medidas de apoio ós corpos de policía local de Galicia para que poidan dispoñer dun vehículo apropiado para o exercicio das funcións que lle son propias e cederlles en propiedade vehículos todoterreo ós concellos de: Arteixo, Boiro, Cedeira, Cerceda, Culleredo, Muros, Noia, Oleiros, Ordes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Burela, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, O Carballiño, Celanova, O Barco de Valdeorras, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, A Guarda, Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Sanxenxo, Tui, Vilanova de Arousa.

Os vehículos que veñen sendo usados polos citados concellos para misións de policía local mediante diversos convenios asinados pola Xunta de Galicia con eles nos anos 1995 e 1996, por esta orde cédense en propiedade; e co fin de transmiti-la titularidade, observarase o establecido no artigo 31 e seguintes do Regulamento xeral de vehículos (Real decreto 2882/1998) e demais normativa de aplicación.

Esta cesión de bens mobles vén amparada pola Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, esixindo o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada lei, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta a que as entidades beneficiarias deben destina-los bens, así como as súas condicións.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é acorda-la cesión en propiedade de varios vehículos todoterreo (relacionadas no anexo) a favor dos concellos galegos de: Arteixo, Boiro, Cedeira, Cerceda, Culleredo, Muros, Noia, Oleiros, Ordes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Burela, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, O Carballiño, Celanova, O Barco de Valdeorras, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, A Guarda, Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Sanxenxo, Tui, Vilanova de Arousa.

Artigo 2º.-Condicións da cesión.

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de policía local do concello tal e como esixe o artigo 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Aut

b) Coa cesión outórgaselle a propiedade do vehículo ó concello, que se compromete a:

-Realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da súa titularidade.

-Comunicar no prazo de tres días, á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, ter feito o trámite anterior, achegando copia compulsada na que conste o cambio de titularidade.

Artigo 3º.-Formalización da cesión.

De conformidade co establecido pola citada Lei 3/1985 e o Decreto 50/1989; a cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue e polo órgano competente dos diferentes concellos debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 4º.-Facultades de control, vixilancia e revisión.

1. Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou das deterioracións que experimentasen.

2. Á consellería cedente corresponderanlle as facultades de control e vixilancia da cesión, así como, se é o caso, a resolución dos expedientes de reversión.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Administración Local para dictar, no ámbito das dúas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde, así como para realiza-los trámites necesarios para a súa efectividade.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO

Relación de vehículos todoterreo cedidos

en propiedade ós concellos galegos para realizar

actividades de policía local

* Marca e modelo: Nissan Terrano II, TD 2.7 Turbo, 5 prazas.

Concello destinatarioMatrículaNúmero de bastidor

ArteixoC-6379-BLVSKKVNR20U0252519

BoiroC-4152-BPVSKKVNR20U0275657

Concello destinatarioMatrículaNúmero de bastidor

CedeiraC-6378-BLVSKKVNR20U0247644

CercedaC-4137-BPVSKKVNR20U0275507

CulleredoC-6381-BLVSKKVNR20U0252146

MurosC-6380-BLVSKKVNR20U0247784

NoiaC-4138-BPVSKKVNR20U0275495

OleirosC-4140-BPVSKKVNR20U0275366

OrdesC-4139-BPVSKKVNR20U0275365

PadrónC-4136-BPVSKKVNR20U0275364

PontedeumeC-6382-BLVSKKVNR20U0252782

RianxoC-4135-BPVSKKVNR20U0275363

BurelaLU-3253-SVSKKVNR2040252894

ChantadaLU-3252-S VSKKVNR20U0252142

FozLU-1040-TVSKKVNR20U0275361

Monforte de LemosLU-1039-TVSKKVNR20U0275359

RibadeoLU-1041-TVSKKVNR20U0275358

SarriaLU-3255-SVSKKVNR20U0252780

VilalbaLU-3256-SVSKKVNR20U0252899

ViveiroLU-3254-SVSKKVNR20U0252151

O CarballiñoOR-4565-SVSKKVNR20U0275356

CelanovaOR-6513-PVSKKVNR20U0252897

O Barco de ValdeorrasOR-6512-PVSKKVNR20U0252895

VerínOR-6514-PVSKKVNR20U0252627

Xinzo de LimiaOR-6515-PVSKKVNR20U0252790

A EstradaPO-5806-BBVSKKVNR20U0275352

A GuardaPO-3410-AYVSKKVNR20U0252785

BaionaPO-3409-AYVSKKVNR20U0252893

BueuPO-5807-BBVSKKVNR20U0275355

CambadosPO-5811-BBVSKKVNR20U0275354

GondomarPO-5831-BBVSKKVNR20U0275350

LalínPO-5808-BBVSKKVNR20U0275054

MarínPO-5810-BBVSKKVNR20U0275053

MoañaPO-3411-AYVSKKVNR20U0252787

PonteareasPO-5809-BBVSKKVNR20U0275052

O PorriñoPO-3412-AYVSKKVNR20U0252148

SanxenxoPO-5812-BBVSKKVNR20U0275038

TuiPO-3413-AYVSKKVNR20U0252786

Vilanova de ArousaPO-3414-AYVSKKVNR20U0247186