Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.870

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de tinturerías, lavanderías e repasado de roupa.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de tinturerías, lavanderías e repasado de roupa que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coru

ña, e, da parte social, por UGT, CIG e CC.OO. o día 27-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña

Día 27-1-2003

Asistentes:

-Pola parte empresarial: Pedro Roca, José Antonio Bello, Francisco Oliveira Lugo (Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

-Pola parte social: Carmen Brea Iglesias (UGT), Luis Soto (CIG), Carmen Novoa, Javier Bolón (CC.OO.).

Na Coruña, sendo as 10.30 horas do día 27 de xaneiro de 2003, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense as partes arriba indicadas co obxecto de levar a cabo a aplicación da cláusula de revisión salarial establecida no artigo 9 do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña.

Inicialmente, procédese a levar a cabo a revisión salarial que establece o citado artigo 9, polo exceso do IPC do ano 2002, recalculándose as táboas do ano 2002, que serán o resultado de aplicar un incremento do 6% sobre as táboas do ano 2001 (IPC real do ano 2002 máis 2 puntos). Las táboas salariais resultantes, que non xeran efectos retroactivos, servirán de base para calcula-las táboas salariais do ano 2003.

A seguir procédese á aplicación do incremento salarial pactado para o ano 2003, que supón un 4% (IPC previsto polo Goberno para o ano 2003 máis 2 puntos), que figuran como anexo desta acta.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez (asesora laboral da CEC) para a presentación da documentación necesaria ante a Delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o rexistro e publación desta acta e táboas salariais do ano 2003.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as 11.30 horas da data arriba indicada.

ANEXO

Táboas salariais tinturerías e lavanderías

Ano 2003

CategoríasSB 2002

(Efec. informativ)

SB Mes 2003SB Ano

* Persoal técnico
Director641,94667,629.346,68
Técnico604,6628,788.802,92
Encargado xeral567,29589,988.259.72
Xefe de sección529,97551,177.716,38

* Persoal administrativo
Xefe administrativo529,97551,177.716,38
Oficial administrativo515,04535,647.498,96
Auxiliar administrativo507,57527,877.390,18

* Persoal obreiro e de recibo

e entrega

Encargado529,97551,177.716,38
Oficial de primeira515,04535,647.498,96
Oficial de segunda507,57527,877.390,18
Especialista500,1520,17.281,4
Mozo de repartición500,1520,17.281,4

* Persoal subalterno e de

serv. auxiliar

Limpador500,1520,17.281,4

Nota: os salarios do ano 2002 reflíctense co ánimo informativo, non xerando atrasos para ese ano.

Complemento de asistencia por día efectivo: 1,49

Complemento de asistencia sábados, domingos e festivos: 4,48

Complemento de transporte por día efectivo: 0,98.