Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de espacios naturais OU-004/02-CEN e OU-006/02-CEN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG nº 171, do 4 de setembro).

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 10 de marzo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente (nº/ano): OU-004/02-CEN.

Denunciada: María José Freitas da Silva.

DNI: 9324419.

Último enderezo coñecido: Arcocelo, Barcelos, Portugal.

Feito denunciado: acampada non controlada no parque natural Baixa Limia, Serra do Xurés.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 63.6º da Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Sanción: 601,02 euros.

Expediente (nº/ano): OU-006/02-CEN.

Denunciado: Eliseu Antonio da Costa Pereira.

DNI: 6652028.

Último enderezo coñecido: Arcocelo, Barcelos, Portugal.

Feito denunciado: acender lume en lugares expresamente prohibidos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 63.6º da Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Sanción: 601,02 euros.