Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de pesca OU-050/02-P e OU-123/02-P, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei sobre pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 10 de marzo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nª ano: OU-050/02-P.

Denunciado: José Ramón Rodríguez González.

DNI: 76700440-V.

Último enderezo coñecido: Pazos de Montes Vilamarín. Avda. de Venezuela, 1-3, 2º. 32350 A Rúa.

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1997.

Sanción: 60,10 A.

-Expediente nª ano: OU-123/02-P.

Denunciado: Jardelino Fernández Carbalho.

DNI: 5963988.

Último enderezo coñecido: Guimarães, Portugal.

Feito denunciado: ceba-las augas co fin de pesca. Non levar consigo a licencia de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º e artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1997.

Sanción: 360,62 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.