Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de adaptación de local para centro de transferencia de residuos sanitarios envasados en recipientes herméticos e impermeables no parque empresarial de Trabanca Badiña, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido pola empresa Consenur, S.A. (Clave 2002/1071).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de adaptación de local para centro de transferencia de residuos sanitarios envasados en recipientes herméticos e impermeables no parque empresarial de Trabanca Badiña, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contandos a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental