Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de animais relacionado no anexo e de referencia OU 04/03-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare

a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Conservación da Natureza, de conformidade co disposto no artigo 20.3º b) do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 12 de marzo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 04/03-AN.

Denunciado: Luis Manuel Gabarri Montoya.

DNI: 76713632-V.

Último enderezo coñecido: rúa Monterín, nº 5, Ourense.

Feito denunciado: non acreditar que os dous cans de raza cruzada (Pit-bull con Boxer) teñan o correspondente micro-chip que os identifique e, ademais, os dous animais están soltos e sen bozo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 13.2º a) e artigo 13.2º c) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción euros: 601,01 A.