Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para a Converxencia e Innovación Tecnolóxica da Empresa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación para a Converxencia e Innovación Tecnolóxica da Empresa Galega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos profesionais e empresas privadas de

calquera sector que desexen incorporarse ó mundo das novas tecnoloxías.

Asinan a acta de constitución: María José Santiago Otero, e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais