Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (501/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 501/2002, contra a empresa Fogar Gas, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, 10 de marzo de 2003. Jorge Hay Alba, maxitrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 501/2002, seguidos por instancia de Rosa Viejo María, maior de idade, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Fogar Gas, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rosa Viejo María contra a empresa Fogar Gas, S.L., condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 3.167,45 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de depósito e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Fogar Gas, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado