Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.817

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (88/2002).

Eu, María Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 88/2002 se dictou a presente sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Vistos por min, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas 88/2002 sobre unha falta contra a orde pública, na que é denunciante o axente da garda civil S-63861-Y e denunciado Óscar Pérez Aldariz, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Óscar Pérez Aldariz como autor dunha falta do artigo 636 do C.P. a pena dun mes de multa a razón de 6 euros diarios, é dicir 180 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa non pagadas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de cinco días contados a partir da publicación deste edicto».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Óscar Pérez Aldariz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o doce de marzo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado